domingo, 5 de mayo de 2013

Ardalén, Miguelanxo Prado





Esta novela gráfica é froito de tres anos de traballo de Miguelanxo Prado. Publicada en novembro de 2012 simultaneamente por El Patito Editorial (en galego, a lingua orixinal na que se escribiu esta obra) e por Norma Editorial (en tradución ao castelán), xa vai pola segunda edición e está sendo traducida a varias linguas: inglés, francés, holandés. Acaba de gañar o premio á mellor obra dun autor español na XXXI Semana Internacional do Cómic de Barcelona. Segundo palabras do autor, este libro: "é unha historia arredor  da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Pode soar filosófico pero, ao final, trátase dun grupo de seres humanos que se axudan e fanse dano uns aos outros, algúns chegan a quererse e todos se aferran ás súas lembranzas para intentar evitar o naufraxio". O autor é o director de Viñetas do Atlántico que se celebra na Coruña todos os veráns e onde temos a oportunidade de ver e escoitar ás figuras máis salientables da banda deseñada dos últimos anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario