sábado, 19 de diciembre de 2015

Exposición sobre Salvador de Madariaga



En relación co tema da biblioteca deste curso, Exilios, lembramos a este ilustre exiliado corunés, finado en Suíza o 14 de decembro de 1978, e de quen o instituto recibe o seu nome, mediante unha exposición que destaca trazos da súa biografía, obra, cartas e textos manuscritos. A exposición complétase cunha evocación do exilio republicano, traendo á memoria a algúns dos homes e mulleres que tiveron que marchar do país desenvolvendo o seu traballo en países estranxeiros onde foron acollidos amigablemente.

domingo, 13 de diciembre de 2015

En solidariedade cos refuxiados


O noso instituto participou na campaña que a Rede de Escolas de Amnistía Internacional organizou en apoio aos refuxiados e para facer visible a súa fonda traxedia. Neste enlace tedes o vídeo resultado da colaboración dos centros escolares de Galicia:

domingo, 1 de noviembre de 2015

Día da Biblioteca Escolar



O pasado 22 de outubro conmemorouse o Día Internacional da Biblioteca Escolar, data que pretende mostrar a importancia que teñen as bibliotecas dos centros dentro do mundo da educación. E ese, precisamente, foi o obxectivo desta pequena exposición, facer visible parte do traballo levado a cabo desde a biblioteca, como por exemplo:
  • Organización de clubs de lectura.
  • Celebración do Día da Muller, do Día do Libro, das Letras Galegas, do Samaín, etc.
  • Concursos de fotografía, de sobremesas, de poemas de amor ou o Biblioxogo.
  • Exposicións sobre o mar ou os tempos de guerra.
  • Talleres de xogos tradicionais e de nós mariñeiros.
E outras moitas actividades realizadas para que a nosa ollada se deteña, a partir do traballo en cada unha delas, nun recuncho do mundo en que vivimos para poder comprendelo mellor. Por iso, invitámosvos a colaborar coa biblioteca escolar e a coñecer os seus fondos.

martes, 27 de octubre de 2015

UN MUNDO NAS TÚAS MANS

O día 24 , sábado, 7 alumnso do centro de 1º e 2º de bacharelato participaron na XVII Asamblea da Red Solidaria de Jóvenes de Galicia, no IES Arcebispo Xelmírez I en Santiago de Compostela. O lema do encontro era UN MUNDO NAS TÚAS MANS. O encontro está organizado por Entreculturas que defendo o dereito á educación como medio de cambio social, xustiza e diálogo entre as culturas. Os alumnos do centro participantes, organizaron as actividades soidarias praa o presente curos e presentaron a súa Axenda solidaria.


miércoles, 21 de octubre de 2015

Charla de dous Ex-presos de Teixeiro

Recibimos o día 20 de Outubro a dos ex-presos de Teixeiro, falaron aos alumnos de 1º e 2º de bacharelato, sobre a súa experiencia no tema das drogas e o seu exillio/exclusión da Sociedade.




miércoles, 7 de octubre de 2015

Clubs de Lectura DeManEnMan

 Onte o club de Lectura DeManEnMan foise de excursión. As tres seccións da mañá, sopa de letras, Tea with the Classics e Lemos a música desfrutaron dunha visita as cubertas da Catedral de Santiago, da cripta e da mesma Catedral. Foi un día de confraternización que serviú de premio para todos os que rematamos lendo o curso pasado.




Animamóvos a todos a que participedes nos clubs de lectura do instituto este curso. Lembrámosvos

 1º e 2ª E.S,O.- Sopa de Letras.- con Isabel González e Irene Caeiro, reunirémonos en audiovisuais o xoves no primeiro recreo. (día 8 primeira reunión)

3º e 4º E.S.O..- Tea with the Classics- con Pilar Garabana e Irene Caeiro, reunirémonos os mércores no primeiro recreo na sala de visitas en secretaría. (día 14 primeira reunión)

1º e 2º de Bacharelato.- Lemos a Música.- con Irene Caeiro, 2º recreo do venres (día 9 primeira reuníón)

Nocturno.- Contactade con María Jesús Dono ou Dolores Núñez


domingo, 4 de octubre de 2015

NOVO CURSO. ESTE ANO O NOSO TEMA SON EXILIOS.

Comezamos este curso cun tema de tremenda actualidade. OS EXILIOS. 

Todos os exilios, os refuxiados da guerra, os emigrantes por motivos económicos, os exiliados por motivos políticos. Adicaremos este curso a non esquecernos de todas as persoas que teñen que abandoar os seus paises por motivos alleos á súa vontade. 

Por iso, o fondo de noso blog, será esta fotografía que proven da páxina web do abc e que é o maior campo de refuxiados do mundo Dadaab. É impactante ver esa provisionalidade levantada no medio da nada, vidas que quedan en suspenso...sen pasado, sen futuro...


martes, 26 de mayo de 2015

Vasos en Kenia

O  pasado día 19 de maio Jorge  volveu polo instituto para  contarnos a viaxe a kenia a contarnos a sua experiencia en Kenia e amosarnos as fotos e videos dos vasos nos colexios que teñen Amigos de Ositeti en Kenia, así como un video onde os alumnos do colexio bilaban unha danza en sinal  de agradecemento.


 Actualmente nos colexios teñen 500 nenos Masai que manteñen as súas danzas e costumes.
 Os nenos xa teñén os vasos que algún dos alumnos do instituto dedicaron e escribiron neles os seus nomes.









Ahí van as fotos da charla e o video e fotos dos rapaces en Kenia....Grazas a todos

viernes, 22 de mayo de 2015

Final do BiblioXogo


Un curso máis, o xogo organizado desde a Biblioteca rematou coa busca do libro nº 10. A lista de puntuacións está exposta. Parabéns para o lector/a  ganador/a!
Para os alumnos que chegaron este ano ó Centro era algo novo e houbo que familiarizarse coas bases, e aínda así, xogamos.
Buscamos en diferentes países







Resolvemos complexos xeróglifos


Descubrimos suculentas receitas

Pasamos o Nadal buscando
Miramos, buscamos e atopamos

martes, 12 de mayo de 2015

VASOS PARA KENIA

O pasado 14 de  abril os alumnos de 4º da ESO tiveron unha clase extraordinaria e ademais f'ora do horario escolar, de 6 a 7 da tarde do martes, cansos das clases de todo o día, tivemos a visita de Jorge Rodriguez Vázquez, membro da ONG AMIGOS DE OSITETI, que dende hai anos traballan por mellorar as condicións de vida dos Masai, que no seu momento foron un pobo guerreiro, pero que actualmente esta tribo mítica de África, xa non pelexan con outras.

Jorge quedou impresionado polo traballo de José Serrano un mallorquín que decidiu quedar a  traballar cos Masai en Kenia, conoceu o seu traballo a través do programa de televisión "Españoles para el mundo", montou unha delegación de Amigos de Ositeti na Coruña, e dedica esforzos e tempo libre a colaborar co traballo que se está a realizar en Kenia.


Jorge propuxonos  a recollida de vasos de plástico, porque acaban de facer un pozo de auga, para os colexios que teñen alí , se nos recaudábamos 400 vasos de plástico,non os compraría a ONG. 400 vasos para os 450 nenos Masai que reciben educación nos colexios.


Así foi, empezamos a recollida de cartos para os vasos nos recreos da semana do 18 ó 22 de abril, facendo turnos para que sempre houbera alguén na mesa dos vasos. 5 vasos 2 euros. A campaña foi un éxito grazas a colaboración de todos.



O pasado 30 de abril, Jorge marchaba a Kenia e levaba os 400 vasos, alguns deles co  nome de alumnos deste instituto. Isto e unha forma de irmanar  os dous colexios.


Felicidades a todos pola vosa colaboración, pero felicidades a Jorge e a ONG. Amigos de Ositeti, polo traballo que fai por darnos a coñecer outra cultura  e outra forma de vida. Neste caso os Masai, formaron parte do noso temario e xa non serán esquecidos por ningún de nós.

martes, 5 de mayo de 2015

Educación para a PAZ

   O pasado día 10 de febreiro, contamos no instituto coa experiencia do misioneiro Jesús Claro, aproveitando a visita a nosa cidade con motivo do lanzamento da 56 Campaña de Mans Unidas.
  Jesús traballou antes de ser sacerdote como cooperante no Salvador, nos complicados anos despois da guerra civil que viviu o país e que costou a vida a case cen mil persoas, a maioría deles campesinos e xente traballadora que loitaban pola liberdade e polos seus dereitos. Este mestre de vocación antes que fose misioneiro, traballou como mediador de paz entre a guerrilla e o goberno, para que esta transición política fora o máis pacífica e beneficiosa para todo o pobo salvadoreño.

    Desta época tan complicada  salvadoreña, destaca a persoa de Monseñor Romero, hoxe en día de actualidade  no mundo relixioso, pola beatificación por parte do Papa Francisco deste importante personaxe na historia actual de Latinoamérica.
        Oscar Arnulfo Romero  (1917-1980), é considerado en toda Latinoamérica coma a voz dos pobres. A postura  de Oscar Romero , cada vez máis perigosamente comprometida co pobo, foi recoñecida a nivel internacional. Nestes anos O Salvador vivía unha etapa especialmente violenta na que o goberno era un dos máximos responsables. Calcúlase que, entre xaneiro e marzo dese ano máis de 900 civis foron asasinados por forzas da seguridade. De todos era sabido que o gobierno actuaba en estreita colaboración cos escuadróns da morte.
       O 24 de marzo de 1980 Oscar A. Romero é asasinado mentras oficiaba misa por un francotirador. Os funerais, celebrados na Catedral Metropolitana de San Salvador o 30 de marzo foron unha gran manifestación de protesta e pesar, pola morte do defensor dos máis pobres e explotados. Pero convertéronse nunha batalla campal, na que as forzas de seguridade  arremeteron contra miles de salvadoreños concentrados na praza da catedral, na que se encontraban representantes españois do goberno de Felipe González para asistir os funerais. O resultado mais de 40 mortos e douscentos feridos.
       Ao asasinato de Monseñor seguíronlle outros actos de violencia terribles contra unha igrexa comprometida co pobo salvadoreño. A firma do acordo entre o goberno e o FMLN, no 1992, supuxo o inicio dese proceso de paz co que soñou Monseñor Romero. Neste período a figura de Romero  continuou sendo  símbolo de xustiza e de compromiso social. 



   

     

  Por iso o interese da charla do pasado día 10 de febreiro por parte de Jesús Claro, xa que el foi mediador entre o goberno salvavadoreño  e o FMLN, nos acordos de paz que tiveron lugar despois da loita salvadoreña, na que os máis prexudicados sempre son os pobres e campesiños.
  Xesús Claro é precisamente iso, un claro exemplo de compromiso e inquietude por traballlar en causas xustas, que teñen que ver moito coa educación, os dereitos humanos e moitísimo coas liberdades das persoas.

    No ano 90 viaxa por primeira vez a Centroamérica, cando ainda non é relixioso, xa que ten a praza de profesor de Ensino Primario en Andalucía, alí traballa como cooperante para realizar un Programa  de Alfabetización de Adultos en Nicaragua e entra en contacto neste ano cos refuxiados salvadoreños que estaban exiliados pola guerra do seu país.
    No ano 92 pide excedencia no seu posto de traballo docente e marcha a Salvador para colaborar no proceso dos Acordos de Paz que termina coa guerra entre o Goberno e o FMLN.

sábado, 25 de abril de 2015