viernes, 6 de marzo de 2020

Encontro co escritor Fernando Lalana




O noso alumnado de 2º da E.S.O. puido coñecer este luns, 2 de marzo, a Fernando Lalana, escritor destacado dentro do panorama da literatura española xuvenil que veu facernos unha visita ao centro. 
  Lalana escribiu, entre outros moitos éxitos, La Tuneladora, un libro de intriga protagonizado polo xa emblemático detective Fermín Escartín que está a facer as delicias da nosa rapazada e que ben lle valeu ao autor o Lista de Honor White Ravens, concedido pola International Youth Library, no ano 2007. 
  Xurxo, Unai, Antón, Sabela, Rodrigo, Carlos, Lucas, Hugo e moitos e moitas máis puideron facerlle a Lalana mil preguntas ao máis puro estilo detectivesco, e a verdade é que moito e bo debeu de ser o espírito escudriñador dos presentes, porque disque algún saíu xa de alí co carné nin máis nin menos que de detective debaixo do brazo! Ben, non hai outra: se Fernando Lalana che asina un libro nomeándote detective... É que es detective e punto! ;-)
Un pracer terte connosco, Fernando, e volve cando queiras! :-)

viernes, 24 de enero de 2020

Ano Novo, tema novo





Despois de termos traballado o tema "Viaxar" durante o curso 2019, este ano eliximos profundar na Ecoloxía e escollemos "Un Planeta para o Futuro" como asunto principal. Trátase de aproveitarmos a sensibilización do noso alumnado ao respecto da problemática medioambiental para indagarmos máis e traballarmos de forma colaborativa e coordinada entre todos os departamentos para darlle un enfoque global. 
Tanto se es alumna ou alumno, como profesor, non dubides en subirte ao carro da ecoloxía, aportar propostas ou, simplemente, deixarnos un comentario aquí abaixo. Trátase de sementar e as propostas e comentarios tamén nos axudan a medrar :-)




O IES Salvador de Madariaga sobe ao tren da Sosteniblidade! Súmaste? ;-)