sábado, 26 de noviembre de 2016

Escoitas o que Escoitas? 25 de novembro, día contra a violencia de Xénero


Escoitamos cancións, pero realmente non escoitamos o que dí. 

Estas últimas semanas estivemos descubrindo as letras de moitas cancións e atopámonos con mensaxes que non críamos atopar. Cancións que parecen de amor, pero que nos falan en realidade dun acoso, cancións que desprezan e insultan as mulleres, cancións que describen como cortexo o que non deixa de ser unha violación. 

Todos sabemos que o reggaeton ten sona diso, pero atopámonos con cancións dese tipo en todo tipo de xéneros e estilos. Tamén atopamos, por suposto, cancións que denuncian ese tipo de relacións nas que o amor se confunde co maltrato e o acoso. Quixéchedes unir algunha delas a esta lista, é de supor que por ver outro tipo de mensaxes.

Aquí queda a lista de reproducción destas cancións que analizamos en unimos nunha lista de reproducción de youtube. A vindeira vez que bailedes ao seu son, pensade no que dín. 






Tamén vos deixamos fotos da exposición que na escaleira do centro fixemos deste análixe das letras das cancións.  





Robin Thicke. Blurred  Lines
Propuesta indecente. Romeo Santos

Every breath you take. Police 
Manos al aire. Nelly Furtado

lunes, 14 de noviembre de 2016

Os clubs de lectura teñen doble premio


Despois de compartir un ano de lecturas, de opinións, de suxestións, ficamos con moitas novas ideas, moitos libros dos que non oíramos falar, moitos nos gustaron, outros menos, pero todos deixan un pouso que irá connosco toda a vida.
Pero ademais destes coñecementos, tivemos un premio sorpresa no mes de outubro. Fomos xuntos os participantes máis constantes dos clubs coas nosas profesoras nunha xira pola península do Barbanza, unha das zonas máis atractivas de Galicia.



 
 Visitamos Noia, coas súas igrexas e o seu cemiterio coas lápidas gremiais, O Castro de Baroña nunha visita guiada (moi interesante) e o centro de interpretación en Porto do Son, onde xantamos. E aínda quedou tempo para unha visita fugaz ás dunas de Corrubedo.






 O sol acompañou, mágoa de non ter máis tempo para as visitas, mais as obrigas chamábanos en A Coruña.



Repetiremos o ano que ven, buscando novo destino.

 
 Anímaste a vir connosco? 

Xa o sabes, apúntate a un dos clubs nos recreos.
  • Os martes no primeiro recreo na aula de cultura audiovisual xúntanse os de 2º e 3º da ESO. 
  • Os mércores no primeiro recreo na sala de visitas de secretaría os de 4º de ESO e 1º de BAC
  • Os venres no primeiro recreo na aula de cultura audiovisual os de 1º de ESO.

jueves, 3 de noviembre de 2016

O Samaín na biblioteca

Santos? Samaín? Chamémolo como sexa, esta data ten raíces profundas no imaxinario popular. Na biblioteca podes visitar a homenaxe que Lola e os alumnos da ESA fixeron aos difuntos.
















Por quén chorarán estas viuvas?




Recoñeces ós que xacen baixo estas lápidas?



 



Novo curso, novas ideas

Xa comezamos o curso 2016/17. Xa funciona o empréstito, e xa andamos o equipo da biblioteca ao completo a pensar e organizar.

O ano pasado ficamos moi satisfeit@s do traballo realizado. Baixo o tema "Exilios" aprendemos sobre o exilio español e galego da posguerra, traballando dende varios ámbitos, e achegámonos aos exilios recentes,  non menos penosos, dos actuais refuxiados. Puidestes ler sobre as exposicións, o programa da Radio en Valor e outras actividades en entradas anteriores.


Este ano o fío condutor dos nosos traballos é o tema "O Centro e a Cidade". Sendo o IES Salvador de Madariaga un centro histórico da nosa cidade, pareceunos interesante investigar a relación entre os dous, o que significou a construción do instituto no seu momento para a zona onde se sitúa e comprender un pouco mellor a súa historia para así entender a situación actual.

Animámosvos a emprender connosco esta viaxe, a participar nas nosas propostas.

Vinde á biblioteca. Tedes moito que dar e moito que gañar.