martes, 22 de noviembre de 2011

violencia de xénero

O día 25 de novembro é unha moi triste data para lembrar, pero o peor de todo é que é unha data que non podemos esquecer. Qué estamos a facer tan mal para que en vez de ir a menos, vaia a máis?.
Os compañeiros da Biblioteca do CEIP do Victor Saenz fixeron e comparten connosco un estupendo traballo onde poder recoller e empregar materiais para entender e loitar contra a violencia do xénero. Deixovos o enlace e anímovos aos profesores a coñecer estes materiais e aos alumnos a que reflexionedes se as vosas actitudes son parte do problema. 

recursos contra a violencia

Santa Icía

Hoxe inauguramos a actividades do curso 2011-2012 na biblioteca. Non quere dicir que non leváramos traballando abondo desde o comezo de curso. Aproveitamos unha data que me resulta moi querida polo que se festexa. Santa Icía, patroa dos músicos.


Doulle as grazas a un bo amigo por este precioso cartel.

E en próximas datas iremos colgando aquí os fotos e vídeos cos que festexamos este día.

Tamén faremos unha lista de libros, películas, cds que formaron a exposición e que son unha escolma dos fondos que sobre a música temos na nosa biblioteca.