O haiku é un subxénero da lírica
xaponesa que os autores de principios do século XX puxeron de modo. Son
micropoemas formados por 3 versos de medida 5/7/5, como os bordóns das
seguidillas, só que estes non precisan ningún tipo de rima. Os haikus canónicos
son apuntes que reflexan observacións dalgún detalle significativo da natureza
que chama a atención porque algún motivo, especialmente a presencia de
contrastes. Por iso baséase nunha linguaxe sinxela e esencial: verbos en
presente (ou ausencia deles) sustantivos, escasez de adxectivos; algunha imaxe,
algunha repetición, algunha antítese. E pouco mais. Imaxinación e emotividade
están moi contidas. Por iso é bastante fácil saírse destas regras. Pero non
importa. O caso é ter un pequeno pulo para poñer en marcha o mecanismo creativo
que todos levamos dentro, ás veces case intacto desde a infancia ou mesmo sen
estrear. E se pode dar pé á colaboración de todos, moito mellor.
Esta é a creación colectiva de 4º da
ESA, despois dunha sesión de proba. Aínda que se trataba de conectar coa
exposición de Pepe Galán, a través de palabras como auga, ferro, fume, mar, vida, verso,a cada quen sempre lle pode o que leva dentro e
debemos recoñecer que a alma colectiva deste 4º da ESA é mais ben romántica e
por ese lado desborda as regras. Somos así, que lle imos facer...!
Haikus da natureza
O mar
que brilla
baixo
o ceo estrelado
de
longas noites.
O fume negro
estende
a súa esteira
durante o día.
durante o día.
Os mares azuis
esténdense cruentos
coas
súas
Ferro e cristal
xa
na mar non se ven.
Lonxe
quedaron.
Azul o mar
brilla
sobre a area
no
claro día.
As chemineas
contra
o ceo azul
botaban
fume.
Pozo de ferro,
esquecido
na historia,
escuro
e frío.
Son verdes bosques,
e
azuis mares vivos.
Desertos,
nada.
Triste choraba
o
arume do monte
de
non ver auga.
Nesta mañá
quente
de primavera
pousan
os páxaros.
Olor a verán
e morriña no aire…
tarda en chegar!
Fume voando
coma un inmenso corvo.
Sempre
mais.
Auga berrando
e
axitando cadeas.
Quer
liberdade.
Haikus da alma
Loucura lenta,
que
remate contigo,
contigo
empece.
A vida soa
fica
neste momento
para
ser eterna.
A vida mírame
na
beira do camiño
volver
sen ti.
A vida sen ti
non a
podo vivir…
Mátame
xa!
A vida miña
non vai
seguir sen ti,
é só un
lamento.
Tremer de medo
neste
día escuro
mirando
nada.
Versos escuros
tales
como os teus ollos:
a mar
de noite.
Verso non escrito,
mais
tantas veces lido
sempre
na alma.
As pedras falsas
que
están botando ao mar.
Desexos
rotos
O mellor verso,
entre a risa e a rabia
fica atrapado.
O mar verdoso
faise
azul nos teus ollos,
e
ás veces gris.
A túa vida,
coa miña, coa deles,
é a nosa vida