Mostrando entradas con la etiqueta Santa Icía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santa Icía. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de noviembre de 2012

Reinvindicación da música, danza e as artes escénicas no día de Santa Icía


Aproveitamos a festividade de Santa Icía para sumarnos á reinvindicación estatal en prol da presencia das Artes no sistema educativo, xa que esta parece estar ameazada, e moi especialmente o bacharelato de artes escénicas, música e danza.

 Aquí tedes un vídeo que recolle moitas das estupendas, divertidas e diferentes interpretacións que houbo ese día, porque iso foi o mellor;  sumouse moita xente, trouxestes instrumentos, cantastes,  fixestes as pancartas; en fín, todo o mundo participou.


domingo, 18 de diciembre de 2011

Actuacións de Santa Icía

Estas son as actuacións que celebraron Santa Icía no noso centro, poderían ser mellores, pero pasamos bos momentos preparandoas. Con todo o cariño.



martes, 22 de noviembre de 2011

Santa Icía

Hoxe inauguramos a actividades do curso 2011-2012 na biblioteca. Non quere dicir que non leváramos traballando abondo desde o comezo de curso. Aproveitamos unha data que me resulta moi querida polo que se festexa. Santa Icía, patroa dos músicos.


Doulle as grazas a un bo amigo por este precioso cartel.

E en próximas datas iremos colgando aquí os fotos e vídeos cos que festexamos este día.

Tamén faremos unha lista de libros, películas, cds que formaron a exposición e que son unha escolma dos fondos que sobre a música temos na nosa biblioteca.