martes, 17 de marzo de 2015

ECLIPSE DE SOL DO 20 DE MARZO

Os eclipses de Sol son un dos fenómenos astronómicos que máis chamaron a atención desde a antigüedade. Considerados como sináis dos deuses, os sacerdotes dos antigos imperios mesopotámicos, exipcios, maias entre outros, convertíronse en grandes observadores dos ceos e capaces de predecir estes fenómenos. Sen esquecer que foi a forma na que "un ianqui na corte do Rei Artur" de Mark Twain logrou sobrevivir á súa viaxe no pasado.

Aínda que hoxe sabemos perfectamente as causas e razóns dos eclipses non deixan de charmanos a atención,  Máis éste, que será claramente visible desde a Coruña e que coincide co equinoccio de primavera.

Deixámovos a interesante información que o ministerio de formento deixa na súa páxina da que entresacamos este gráfico da visibilidade  na nosa cidade.



Desde o ministerio de fomento



E tamén vos invitamos a o evento que vai organizar a casa das ciencias no monte de Santa Margarida.

Observación da eclipse de Sol do 20 de marzo na Casa das Ciencias

Tamén vos lembramos que temos unha pequena exposición de libros de astronomía na biblioteca para o queira ampliar información.

E lembrade SEGURIDADE ANTE TODO NON MIREDES DIRECTAMENTE AO SOL SENON TEDES GAFAS ADECUADAS

sábado, 14 de marzo de 2015

Actuación do Grupo Attaca do Conservatorio Profesional de Música

Acaban de compartir comigo este vídeo e como observo que hai moita xente coñecida; aquí volo enlazo. Parabéns aos participantes, unha actuación moi orixinal e ben executada.

miércoles, 11 de marzo de 2015

Día da Muller. Achegas atopadas na rede

Realmente é o 8 de marzo unha desas datas que non debemos deixar de pasar sen reflexionar. Nun mundo que vai tan rápido, moitas veces non nos da tempo  a iso, a reflexionar. Parece que pasada esa data xa rematou ese tema e temos que pasar a outra cousa.

Por iso, queremos compartir convosco materiáis ou ligarzóns que nos charmaron de xeito especial a atención.


Este traballo da biblioteca do IES Fernando Esquío de Neda pareceunos de especial interese xa que toca un tema que nós estamos a tratar, e ademáis os alumnos de 1º de Bacharelato asistiron a unha proxección na Fundación Barrié con esta mesma temárica.
100 de la Guerra que cambió la Sociedad
Taménm gustaríanos que viaxárades pola rede, onde entidades de prestixio dannos materiais realmente interesantes.
A páxina de RTVE
Ä biblioteca IES Pazo da Mercé agradecémoslle que compartisen estas interesantes páxinas. 7 mujeres, 7 países, 7 historias
Buceade ata o fondo da páxina onde nos contan os dereitos que as mulleres terían de ter vividos noutras décadas.
70 películas sobre a situación da muller no mundo.
Queremos, tamén, que escoitedes os podcasts que sobre a muller e a música estivemos escoitando e comentando nas aulas de Análise Musical

Mujeres compositoras
E por último que visitedes a páxina que publicita os materiáis que temos en exposición na nosa bilbioteca.

sábado, 7 de marzo de 2015

Día Internacional da Muller



O día 8 de marzo foi declarado pola ONU como o Día Internacional da Muller. A idea da existencia dun día que reivindicase a igualdade e os dereitos da muller naceu a finais do século XIX e, actualmente, este día celébrase en moitos países do mundo. A educación, independentemente das fronteiras e das diferenzas sociais ou lingüísticas, é o punto de partida dese longo camiño pola igualdade. Este vídeo é a nosa aportación para conmemorar este día.