martes, 24 de abril de 2012

O Día do Libro



O 23 de abril celébrase o Día do Libro. A tradición dinos que un día coma este de 1616 morreu Cervantes, pero tamén O Inca Garcilaso de la Vega, o poeta Wordsworth (18550), Nabokov (1977), Josep Pla (1981)...
Esta data tan simbólica para a literatura universal foi escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render homenaxe mundial ao libro e aos seus autores e alentar a todos, en particular á mocidade, a descubrir o pracer da letra escrita.
O noso centro quixo celebralo cunha exposición que nos achega á Clasificación Decimal Universal nun curso académico no que a nosa biblioteca está a cambiar. Todas as portadas dos libros que se amosan nos paneis de cores intentan levarnos á súa lectura, porque ler é sentir, vivir, en suma, soñar.