jueves, 29 de enero de 2015

martes, 27 de enero de 2015

27 de xaneiro de 2015. 70 Aniversario da liberación de Auschwitz-Birkenau

Esta derradeira semana de Xaneiro chega con moitas efemérides e momentos históricos que lembrar. Hoxe, 27 de xaneiro, celébrase o 70 aniversario da liberación polas tropas ruso-soviéticas do campo de concentración de Auschwitz, celebración que aparece hoxe chea de resentimentos e leas nun Leste da Europa que non agoira nada de bo.

Por outra parte, aproveitamos para homenaxear os españois que, despois de perderen a guerra, acabaron nos campos de concentración nazis. Convidámosvos a ver este documental.





Tamén quereriamos invitarvos a escoitar o inicio deste podcast que nos aproxima do horror dos campos de concentración onde, a brutalidade foi exercida con perverso requinte.



Houbo, porén, xente que loitou dentro das súas posibilidade contra ese terror


E para que o pasado non se perpetue e para que aprendamos do pasado e non o utilicemos para buscar xustificacións. Queremos amosarvos aquí o fantástico proxecto de Daniel Baremboin e Edward Said; The West-eastern divan orchestra.




Agardamos por vos o vindeiro martes na biblioteca ás 12:10 segundo recreo, onde faremos a nosa particular celebración do día da Paz, en memoria de toda a xente que morreu nestes campos, ou sobreviviu e loitou por eles; por todos os que morren de forma inxusta por mor do odio.

lunes, 26 de enero de 2015

CONCERTO DE NADAL.

Cun pouco de retraso asimesmo, pero aquí temos a actuación do noso coro nas actuacións do día antes do Nadal. Orgullosos de como soaron.

 

jueves, 22 de enero de 2015

LEMBRANZAS DE NADAL EN TEMPO DE GUERRA

Cun pouco de retraso, publicamos o resultado do concurso "lembranzas de Nadal en tempo de Guerra"
Desfrutade do magnífico relato que conseguiu o primeiro premio.



domingo, 18 de enero de 2015

Visita a Radio Coruña Ser


Noticieiro gravado esta semana polo alumnado do instituto participante no programa A radio en valor cando visitou a sede da emisora na praza de Ourense.


miércoles, 14 de enero de 2015

Quico Cadaval no Madariaga




Quico Cadaval, no Madariaga No día 14 de xaneiro, o Instituto tivo a fortuna de recibir a visitado director teatral, autor e, case, polígrafo Quico Cadaval. Estivo connosco toda a mañá. Primeiro sostivo unha conversa co alumnado deArtes escénicas e Cultura audiovisual sobre a súa montaxe da obra de W. Shakespeare "Noite de reis", que os estudantes teñen que comentar nas PAU. Tornouse así posíbel profundar nas interioridades da dirección teatral e, en particular, do proceso de escenificación da obra de W. Shakespeare. Alén de nos facer unha breve síntese das características do teatro na Inglaterra isabelina, o Quico respondeu múltiples preguntas sobre a súa aproximación ao texto, a forma en que resolveu o deseño do espazo escénico, o uso das cores, a escolla e preparación do elenco, o movemento escénico ou a música que acompañaba ao vivo a Representación. A seguir, Cadaval deleitou varios grupos de Bacharelato cunha das súas fascinantes sesións de narración oral. Nesta ocasión, o punto de partida foi unha pregunta da súa nai, en canto preparaba unha carne ao forno: "Quico, o que é o complexo de Edipo?" Apañado na difícil empresa de lle responder, o Quico fíxonos unha divertidísima recreación da historia que Sófocles inmortalizou en "Edipo Rei", puntuada polos agudos comentarios da súa nai, porque, como xa antes nos dixera, o que lle vai ao Quico é tratar asuntos graves en forma de comedia.

martes, 13 de enero de 2015

Conto do Nadal, Christmas Carol, Canción de Navidad (Charles Dickens)



Photobucket


A nosa aposta para o esta quincena no biblioxogo foi este extraordinario e clásico libro do Nadal.

En 1843 Charles Dickens compuxo este "Conto" para felicita-lo Nadal ós seus lectores. Acadara xa daquela o éxito que nunca deixaría. Escribiuno en poucas semanas, púxose niso con teima,e durante a redacción "chorou, riu e volveu chorar" (carta ó seu amigo americano Cornelius Felton), ofrecendo unha mensaxe de solidariedade, da que se ten falado logo coma filosofía do Nadal.
Dickens quixo para este libro unha edición de luxo, con magníficas ilustracións e encadernación. Por outra banda, insistiu en que o prezo fose ben baixo, e así, o éxito de vendas non supuxo ningún beneficio comercial. As grandes tiradas, gracias ó desenvolvemento tecnolóxico da industria do papel e a prensa rotativa achegábano a un amplísimo mercado, insospeitado poucos anos atrás. E vemos o seu gusto pola fala cotiá que chega da rúa ó papel sen apenas filtros e préstase á lectura en voz alta. O prazer de contar...por iso a linguaxe é cálida, viva: e aínda que non especialmente elegante, crea con ela un estilo vigoroso e atractivo.O seu carácter sinxelo e popular, evocador - apoiándose en refráns  -,humorístico;a distinción nítida de bos e malos, expresada a través de personaxes grotescos moitas veces, das súas propias caricaturas, de arquetipos nos que se reflicten actitudes respectivamente gabadas ou condenadas, son elementos que atraen a un público tan amplo.De feito Dickens foi un escritor de grande aceptación entre as "clases populares".

A obra mantén a popularidade que acadara en vida do autor e lonxe de se fosilizar,os seus persoaxes e as situación que viven, integránse na historia parsoal de moitos homes.
Comeza...
                                                  
                         LIMIAR

Pretendín, neste libriño fantástico, evoca-la pantasma dunha idea que non vai enrabechar ós meus lectores nin con eles mesmos, nin uns cos outros, nin coa estación do ano, nin comigo.Acollédeo de grao nas vosas casas, e que ninguén desexe botalo de alí.
                                                  O seu fiel amigo e servidor
                                                                   C.D.

Nadal 1843 



Pois iso...aquí sigue...na nosa biblioteca....vivo...



Este é o libro que imos ter en exposición neste  NADAL

























Palestra de David Caeiro, célebre especialista en efectos especiais, para os alumnos de Cultura audiovisual

Consistiu nun encontro dos alumnos de Cultura audiovisual con David Caeiro Cebrián e Guillermo Represa. David Caeiro comezou a súa carreira na extinta Dygra, aquí, na Coruña, e de aí pasou aos USA, onde traballou en Dreamworks (si, a de Spielberg) e, despois, pasou á Nova Zelandia (si, é así, en galego), onde traballa con Peter Jackson (si, o do Hobbit etc.). É un experto en efectos especiais e animación e este foi o motivo da palestra que desenvolveu durante dúas horas. Os alumnos, coas súas constantes preguntas, fixeron case innecesaria a miña intervención para animar a sesión. Alén de lles expor o camiño que seguiu desde os seus estudos de Física até a actualidade, o David esclareceu aspectos fundamentais da animación por computador e os ffxx, con exemplos concretos. Guillermo Represa, montador de tantos filmes na historia recente do cinema español, tamén contribuíu a  resolver as moitas dúbidas e curiosidades que formulou o alumnado.



Achégamos links á IMDB onde podes ver as carreiras dos dous personaxes cos que tivemos a sorte de contar:









A VES (Vissual Effects Society)ven de publicar as nominacións aos seus premios, e o noso convidado foi nominado na Categoría Outstanding Effects Simulations in a Photoreal/Live Action Feature Motion Picture xunto cos seus compañeiros John Allit e Roy Menahem polo seu traballo no Hobbit: A battalla dos cinco exércitos.