miércoles, 21 de diciembre de 2016

Recomendacións para o Nadal

Aquí tedes as nosas recomendacións para este Nadal, máis unha pequena lembranza das nosas actividades neste primeiro trimestre.


lunes, 5 de diciembre de 2016

O Fuxitivo segue adiante


O noso clásico "O Fuxitivo" está de volta. Imos xa polo segundo libro, despois do  éxito do primeiro: alta participación e o gran número de acertos. O cadaleito foi a primeira pista. Xa moitos empezamos a buscar libros de mortos. As advertencias en inglés leváronnos a unha sección específica na CDU. E os osiños de goma deron a moitos a pista final, aínda que houbo quen pensou que eran un agasallo e por pouco non deixaron rastro deles.





Nesta segunda proposta, temos as pistas a xeito de xeroglífico con evidente sabor de Nadal. Serás quen de descubrilo?


?

sábado, 26 de noviembre de 2016

Escoitas o que Escoitas? 25 de novembro, día contra a violencia de Xénero


Escoitamos cancións, pero realmente non escoitamos o que dí. 

Estas últimas semanas estivemos descubrindo as letras de moitas cancións e atopámonos con mensaxes que non críamos atopar. Cancións que parecen de amor, pero que nos falan en realidade dun acoso, cancións que desprezan e insultan as mulleres, cancións que describen como cortexo o que non deixa de ser unha violación. 

Todos sabemos que o reggaeton ten sona diso, pero atopámonos con cancións dese tipo en todo tipo de xéneros e estilos. Tamén atopamos, por suposto, cancións que denuncian ese tipo de relacións nas que o amor se confunde co maltrato e o acoso. Quixéchedes unir algunha delas a esta lista, é de supor que por ver outro tipo de mensaxes.

Aquí queda a lista de reproducción destas cancións que analizamos en unimos nunha lista de reproducción de youtube. A vindeira vez que bailedes ao seu son, pensade no que dín. 






Tamén vos deixamos fotos da exposición que na escaleira do centro fixemos deste análixe das letras das cancións.  





Robin Thicke. Blurred  Lines
Propuesta indecente. Romeo Santos

Every breath you take. Police 
Manos al aire. Nelly Furtado

lunes, 14 de noviembre de 2016

Os clubs de lectura teñen doble premio


Despois de compartir un ano de lecturas, de opinións, de suxestións, ficamos con moitas novas ideas, moitos libros dos que non oíramos falar, moitos nos gustaron, outros menos, pero todos deixan un pouso que irá connosco toda a vida.
Pero ademais destes coñecementos, tivemos un premio sorpresa no mes de outubro. Fomos xuntos os participantes máis constantes dos clubs coas nosas profesoras nunha xira pola península do Barbanza, unha das zonas máis atractivas de Galicia.



 
 Visitamos Noia, coas súas igrexas e o seu cemiterio coas lápidas gremiais, O Castro de Baroña nunha visita guiada (moi interesante) e o centro de interpretación en Porto do Son, onde xantamos. E aínda quedou tempo para unha visita fugaz ás dunas de Corrubedo.






 O sol acompañou, mágoa de non ter máis tempo para as visitas, mais as obrigas chamábanos en A Coruña.



Repetiremos o ano que ven, buscando novo destino.

 
 Anímaste a vir connosco? 

Xa o sabes, apúntate a un dos clubs nos recreos.
  • Os martes no primeiro recreo na aula de cultura audiovisual xúntanse os de 2º e 3º da ESO. 
  • Os mércores no primeiro recreo na sala de visitas de secretaría os de 4º de ESO e 1º de BAC
  • Os venres no primeiro recreo na aula de cultura audiovisual os de 1º de ESO.

jueves, 3 de noviembre de 2016

O Samaín na biblioteca

Santos? Samaín? Chamémolo como sexa, esta data ten raíces profundas no imaxinario popular. Na biblioteca podes visitar a homenaxe que Lola e os alumnos da ESA fixeron aos difuntos.
















Por quén chorarán estas viuvas?




Recoñeces ós que xacen baixo estas lápidas?



 



Novo curso, novas ideas

Xa comezamos o curso 2016/17. Xa funciona o empréstito, e xa andamos o equipo da biblioteca ao completo a pensar e organizar.

O ano pasado ficamos moi satisfeit@s do traballo realizado. Baixo o tema "Exilios" aprendemos sobre o exilio español e galego da posguerra, traballando dende varios ámbitos, e achegámonos aos exilios recentes,  non menos penosos, dos actuais refuxiados. Puidestes ler sobre as exposicións, o programa da Radio en Valor e outras actividades en entradas anteriores.


Este ano o fío condutor dos nosos traballos é o tema "O Centro e a Cidade". Sendo o IES Salvador de Madariaga un centro histórico da nosa cidade, pareceunos interesante investigar a relación entre os dous, o que significou a construción do instituto no seu momento para a zona onde se sitúa e comprender un pouco mellor a súa historia para así entender a situación actual.

Animámosvos a emprender connosco esta viaxe, a participar nas nosas propostas.

Vinde á biblioteca. Tedes moito que dar e moito que gañar.  

miércoles, 8 de junio de 2016

O Fuxitivo do 2016


Todos sabemos que nas bibliotecas hai libros. No IES Salvador de Madariaga, algúns deses libros, foxen dos andeis e deconstruíndo o seu título en enigmáticos anacos, xogan co alumnado


 Algúns anacos foron especialmente difíciles de identificar


Outros, non tanto
  O alumnado xogou perseverantemente ate resolver o reto nº 10


 Quedan na biblioteca moitos libros interesantes agardándovos
                           Bo remate de curso para todos
                                Ate o próximo setembro                             
                                          Feliz verán!

domingo, 5 de junio de 2016

Exilios: E se fora eu?



No último trimestre deste curso levouse a cabo desde a biblioteca unha actividade relacionada co tema traballado ao longo do curso: os exilios. A proposta era que o alumnado se solidarizase co drama daquelas persoas que a causa da guerra tiveran que abandonar o  lugar no que vivían. Os que quixesen participan debían facer unha fotografía na que aparecesen os tres obxectos que escollerían se tivesen que fuxir rapidamente do seu país. O alumnado de segundo de bacharelato acompañou esta idea cuns comentarios nos que reflexionaban sobre o tema dos exilios. O resultado foi unha exposición da que son mostra estas imaxes.

Para ver as colaboracións do alumnado, premede nesta ligazón.
#refugeeswelcome

martes, 31 de mayo de 2016

Celebramos as Letras Galegas 2016



Este ano a Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas ao poeta Manuel María. Para lembrar a súa figura o alumnado ilustrou algúns dos seus poemas. O resultado desta actividade foi unha exposición dos traballos do alumnado e a edición dunha revista que baixo o título de "Poemas pintados" amosaba creativos lazos entre palabra e imaxe.






domingo, 1 de mayo de 2016

Exposición de Shakespeare e Cervantes

O 23 de abril conmemórase o día do libro, xa qu enesta data de 1616 morreron os dous grandes xenios das letras que son Miguel de Cervantes e William Shakespeare. O curioso é uqe aínda que coincidira a data, non morreron o mesmo día, xa que en 1616j España e Inglaterra utilizaban diferentes calendarios.


Este ano hai 500 anos da morte de ambos xenios, así que quixemos adicar o día das letras galegas a ámbos os dous facendo con moitos de vos unha Exposición onde coñeceramos algo da súa vida, das cidades onde viviron, Madrid e Londres, da época na que viviron, os Austrias e os Tudor, dos teatros onde foron representadas as súas obras; As Corralas e o Globe theater, e  importantísima pegada que a obra de ambos tivo en diferentes artes, música, cinema, danza, literatura, arte, etc....

Agardamos que todos aprenderamos moitísimos sobre eles dous.








martes, 26 de abril de 2016

Celebracións no Día do Libro




A pasada semana celebramos o Día do Libro cunha serie de actividades nas que tomaron parte alumnos e profesores do centro. Entre elas destacou o maratón de lectura sobre O enxeñoso fidaldo don Quixote da Mancha, que tivo lugar na biblioteca e no que participou alumnado de ESO e Bacharelato. Tamén prepararon os alumnos e alumnas do centro unha exposición sobre o tempo e a obra de Shakespeare e Cervantes. E, por último, tivemos a honra de recibir no instituto a visita destes dous grandes persoeiros que recitaron polas aulas fragmentos da súa inmensa produción.

miércoles, 10 de febrero de 2016

MÚSICA E PENSAMIENTO- SALVADOR DE MADARIAGA

A figura de Salvador de Madariaga na Radio Clásica. Xa que este curso aproveitamos para achegarnos á figura que da nome ao noso instituto e do que atopamos interesante documentación nos nosos arquivos, é interesante escoitar este programa de MÚSICA Y PENSAMIENTO que lle foi adicado.


sábado, 6 de febrero de 2016

Visitamos a Cadena SER

Un grupo de alumnos de 1º da E.S.O., de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato, visitaron este martes a Cadena Ser dentro do programa Radio en Valores, e ademáis de saúdarnos desde o 40 principais gravaron o seguinte informativo.


Agora a preparar a emisión do programa Hoy por hoy desde o noso centro o mércores, 24 de febreiro.

domingo, 24 de enero de 2016

MIRADAS AO MUNDO

Dentro de este ciclo de charlas o 21 de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato tiveron a charla da ONG  Miradas ao Mundo que traballan con algunhas das zonas máis desfavorecidas dalgúns países de África como Guinea-Bissau, Etiopía, Uganda; Sierra Leona. Actualmente a súa actividade está centrada en Guinea Bissau. A responsable de dita asociación neses paísa faloulles dos problemas dos inmigrantes que saen do seu país e veñen á nosa cidade. Contamos asimesmo coa testemuña dun inmigrante senegalés, que contou a súa saída en cayuco de Senegal e o seu naufraxio en alta mar e como foi axudado por un barco pesqueiro.