domingo, 30 de abril de 2017

Musiqueando 2017




Este xoves os nosos alumnos sumáronse á gran festa da Educación Musical convocada pola COAEM e que en toda España foi secundada por máis de 224 centros e máis de 22.000 alumnos.

A idea desta xornada de festa é levar ás rúas todo o traballo que se fai nas aulas de música, e como a música contribúe á formación dos nosos alumnos no aspecto social, no aspecto intelectual e como non, no artístico.






Nos puxemos o noso aporte e a experiencia non puido ser máis satisfactoria, a pesar da mala sorte de que comezase a chover e tiveramos que rematar dentro do Salón de Actos.


jueves, 27 de abril de 2017

Premiados no concurso literario de Libre-Relatos

Reunido o xurado do I Concurso Literario de Libre-Relatos, resolveu outorgar os seguintes premios:

  • Alumnado de 1º a 3º de ESO.
    • Premio en lingua castelá ao relato "La dama de los recuerdos" (autor/a: Clarissa).
    • Premio en lingua galega ao relato "Cando os príncipes se converten en ras" (autor/a: Unicornio).
  • Alumnado de 4º ESO a 2º de Bacharelato.
    • Premio en lingua castelá ao relato "El punto final" (autor/a: Kuraidesu Black).
    • Premio en lingua galega ao relato "A onda mundial" (autor/a: Croqueta).
  • Outórganse tamén dous accésits aos seguintes relatos:
    • "¿Se trata en verdad de dolor?" (autor/a: F.R.Erena)
    • "O alfabeto musical" (autor/a: C.J. Yancey)
Os premios serán entregados na biblioteca do centro o mércores 3 de maio ás 10:10.

sábado, 15 de abril de 2017

Exposición "O Principiño arredor de mundo. A colección de Carlos Casares"



 



Despedímonos da estupenda colección de "O principiño arredor do mundo", que grazas ás xestións de Juan Pablo coa fundación Carlos Casares puidemos desfrutar no noso instituto.

Agardamos que coa dirección do equipo docente nos sirva para iniciar uns meses adicados, con maior intensidade aínda, ao libro. Temos á volta a celebración do Día do Libro e no próximo mes de maio, o día das Letras Galegas adicada precisamente ao autor desta fascinante colección, Carlos Casares, traductor do Principiño ao galego.

Lembrade participar no concurso de microrrelatos.