viernes, 30 de noviembre de 2012

Reinvindicación da música, danza e as artes escénicas no día de Santa Icía


Aproveitamos a festividade de Santa Icía para sumarnos á reinvindicación estatal en prol da presencia das Artes no sistema educativo, xa que esta parece estar ameazada, e moi especialmente o bacharelato de artes escénicas, música e danza.

 Aquí tedes un vídeo que recolle moitas das estupendas, divertidas e diferentes interpretacións que houbo ese día, porque iso foi o mellor;  sumouse moita xente, trouxestes instrumentos, cantastes,  fixestes as pancartas; en fín, todo o mundo participou.


martes, 20 de noviembre de 2012

MASTER AND COMMANDER

Por razóns ineludibles, aprázase a proxección de Master and Commander ao 18 de decembro





O 5 de decembro proxectaremos o filme “Master and Comander”, dentro do ciclo de cine deste curso. Animádevos!

MÉRCORES. 18 DE DECEMBRO
Hora: 18:15
Lugar: Biblioteca
Master and Commander: Al otro lado del mundo


TÍTULO ORIGINAL
Master and Commander: The Far Side of the World
AÑO
2003
DURACIÓN
137 min.
PAÍS
DIRECTOR
GUIÓN
Peter Weir & John Collee (Novelas: Patrick O'Brian)
MÚSICA
Christopher Gordon, Iva Davies, Richard Tognetti
FOTOGRAFÍA
Russell Boyd
REPARTO
PRODUCTORA
20th Century Fox / Miramax / Universal Pictures
WEB OFICIAL
PREMIOS
2003: 2 premios Óscar (fotografía, edición de son) e 10 candidaturas, incluíndo mellor filme.
2003: 4 premios BAFTA: Mellor director, deseño de produción, vestiario e son; 8 candidaturas.
2003: 3 candidaturas ao Globo de Ouro: Mellor drama, director (Weir) e actor (Crowe).
2003: candidata ao David di Donatello: Mellor filme estranxeiro.
GÉNERO
SINOPSIS
1805. Guerras napoleónicas. Bonaparte domina Europa. Inglaterra consegue resistir porque é a primeira potencia naval do mundo. Precisamente por iso, os mares tórnanse un crucial e estratéxico campo de batalla. No Atlántico, o Surprise --un navío inglés capitaneado por Jack Aubrey (Crowe)-- é atacado por sorpresa por un buque de guerra francés. A pesar dos graves danos sufridos polo barco, Aubrey decide navegar a través dos mares para interceptar e capturar o inimigo. A misión pode determinar o enteiro destino de toda unha nación. (Filmaffinity)

viernes, 16 de noviembre de 2012

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA

Xa hai algún tempo que vimos anunciando o concurso de fotografía. Aproveitamos este espazo para animarvos a demostrar a vosa vea artística e presentar os vosos traballos.




BASES
Tes que realizar unha ou varias fotografías sobre o mar ou algo relacionado con el e entregala en formato dixital e en papel fotográfico (tamaño 20 x 25 cm.).
Cada imaxe debe ser anónima e ir acompañada dun sobre en que figuren os seguintes datos:
Nome do autor/a.
Título da imaxe.
Lugar onde se realizou a foto.
Data en que se realizou.
Datos técnicos.
A data límite para entregar os traballos é o 11 de xaneiro.
Valorarase nelas:
A perfección da imaxe: composición, luz, contraste, nitidez....
A adecuación do título á temática focada polo concurso.
A imaxinación con que foi captada: encadre, perspectiva…
O material presentado ficará exposto nos taboleiros do Centro ata o día da decisión do xurado (28 de xaneiro de 2.013)
O premio consistirá na entrega dun cartón-agasallo por valor de 40 euros.

Boa sorte!



martes, 13 de noviembre de 2012

Dez anos do Prestige

Estamos este ano de lembranzas. Dez anos pasaron do Prestige, para nós iso non é nada, para moitos de vós, toda unha vida. Porén, dez anos despois aínda non se depuraron responsabilidades, seguen sen se ter creado mecanismos que eviten que a traxedia poda volver repetirse. A pesar de que o Prestige convulsionou a sociedade galega de forma impensable até ese momento. Sírvannos estes vídeos para nunca esquecer o que pasou.

martes, 6 de noviembre de 2012

En Samaín

Anónimo presidente
Da nosa correspondente en 1º C da ESO, Laura Villamisar)

Este ano unha abraiante noticia deixou xeada a poboación galega.
No telexornal anunciaron que se acababan de atopar as caliveras dalgúns famosos piratas, reunidas nun dos máis antigos institutos da cidade da Coruña. Non trancendeu á prensa o motivo de tal reunión aínda que se barralla a posibilidade de que nela se tratasen as novas artes da piratería.
Para sorpresa de todos, ante a presenza dos periodistas, puxéronse a falar como se de vivos se tratase, e aproveitando tal feito fixenlles unha pequena entrevista a aqueles menos fuxidíos.
Barbavermella
-Bos días señor Barbavermella, como está vostede?
-Ben, despois de tantos anos enterrado vendo a luz do sol de novo, síntome moito mellor.
-Xa, compréndoo. Se non lle importa, gustaríame facerlle unhas preguntas sobre a súa vida de pirata.
-Vale, paréceme ben. Despois de todo, iso é o que en vida fun: un pirata.
-Iso de ser pirata era un traballo difícil ou doado?
-Dependendo do barco que abordaramos e de quén fose o seu capitán, a cousa podía ser máis ou menos complicada…
-Xa, e dígame, cal foi o tesouro máis grande que conseguiu?
-Oh! Atopei moitos tesouros, pero houbo un que me chamou moito a atención e aínda teño un vivo recordo do acontecido. Lembro que era unha mañá calurosa, a máis calurosa daquel ano. Acabaramos de abordar un barco perto das illas Baleares e estabamos cavando para atopar o tesouro na illa marcada . Xa desesperados porque non o dabamos atopado de súpeto sentín que algo duro tocaba a miña pa, era un...
-Un qué?
-Non me acordo, quedoume a mente en branco.
-Ben, señor non me deixe así…vou estar por aquí. Se se acorda, dígamo. Non me estrague o artigo que me debo aos meus lectores.
Benito Soto
-Vale. Chao.
Así me deixou, coa palabra na boca e a intriga na cabeza. Aproveitei para falar con outros piratas, pero non crean que puiden conseguir moito máis.
- Don Benito Soto. Pirata galego de renome. Sentirase vostede orgulloso de representar a pirateria galega?
-Si, estou moi orgulloso
-Vostede tamén atopou tesouros moi valiosos, non é?
-Claro, por suposto. Eu atopei estoxos cheos de ouro e mesmo coroas de diamantes.
-WAU!!
-E iso non é nada. Outros piratas atoparon restos de barcos que se afundiaran antes da nosa existencia e iso vale moito máis ca todo o meu.. 
E isto é todo o que lles podemos contar de tan sinistra reunión porque todos saíron correndo. Case non tiven tempo de lles dar as grazas e desexarlles que non os volvesen enterrar. Penso que a broma non lles gustou moito. 
Fontes non de todo ben informadas comentaron que se dirixían a un oculto magosto na praza de María Pita con quen querían recordar vellos tempos.

As únicas piratas asistentes



Os héroes do Orzán

Os alumnos de música de 1º de bacharelato e de 4º da E.SO. asistiron este martes, 6 de novembro, á estrea dunha obra que nos lembrou a gran traxedia vivida hai un ano na bahía do Orzán, cando tres policías perderon a vida tratando de salvar a un estudante eslovaco que non puido ser rescatado. Estas novas lémbranos sempre que o mar é o noso veciño, pero é poderoso e hai que respetalo. Esta obra servirá sempre para que a traxedia e o heroismo permanezan na nosa memoria

Os héroes do Orzán