miércoles, 10 de diciembre de 2014

"84, Charing Cross Road" (Helen Hanff)

Hola compañer@s. os recomiendo una lectura (a su vez recomendada) y que se encuentra en la bilioteca del Centro. La autora es Helen Hanff y el título es "84, Charing Cross Road". Espero que todos la disfrutemos.
Un saludo prenavideño!!!!!

miércoles, 3 de diciembre de 2014

EXPOSICIÓN DE XOGOS ARTESÁNS NA NOSA BIBLIOTECA

Temos unha estupenda exposición na nosa biblioteca de xogos de mesa e de Estratexia. 

Son obra da Buxaina e  ademáis de poder desfrutar e aprender con eles, podedes escoller un orixinal regalo para o Nadal. 
Caja Senet
Fotografía de IrenePermuy, extraída da páxina de Buxaina.com






Atoparedes xogos antigos , xogos populares, xogos de estratexia. 

Xogos de guerra en tempos de paz. 

Estarán desde hoxe até o día 10 de decembro, pasade a descubrilos na nosa biblioteca. 


miércoles, 19 de noviembre de 2014

Po de estrelas, X. Mariño



Divulgación dende Galicia

Po de estrelas, por Xurxo Mariño

Xurxo Mariño especializouse en neurofisioloxía, e representa un dos maiores expoñentes da divulgación científica galega na actualidade. Licenciado en CC. Biolóxicas pola Universidade de Santiago, empezou investigando en entomoloxía. Agora é profesor na Universidade da Coruña, tras unha estancia no MIT. Malia una importante faceta como investigador desenvolve con soltura e destreza un labor de divulgación que ten varios frontes:
Ao participar en calquera das súas charlas un comprende que a Ciencia, con maiúsculas, non é algo frío, complicado e (sobre todo) distante. Os conceptos máis escuros vólvense comprensibles e, ademais, transmíteos alguén que non só fala a nosa lingua, senón que vive a nosa propia realidade.

En Po de estrelas, Xurxo tenta que comprendamos as novas teorías e ideas sobre o Universo e a vida no planeta Terra, combinando as dúas propiedades que tan ben domina: o rigor e precisión científica e a capacidade para entreter e divulgar. Citando ao propio Xurxo: “Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo“.

jueves, 13 de noviembre de 2014

CONCURSO LEMBRANZAS DO NADAL EN TEMPOS DE GUERRA




Propómosvos un concurso para investigardes sobre como viven os nenos as festas do Nadal en tempos de guerra. A nosa sociedade asocia o Nadal con tempos de alegría infantil, de vida ao calor do fogar e tamén de moito consumismo…. Porén, cando toca vivir esas datas en tempos de guerra, ou de posguerra, de escaseza ou privacións como se viven nos países que sofren conflitos armados ou padecen as súas consecuencias, as cousas son moi diferentes… Procurade información e describide esas vivencias.

Podedes preguntar os vosos avós ou xente de idade que viviu a guerra ou a posguerra, podedes investigar en xornais, libros ou outras fontes de información. Outra vía de pesquisa téndela en relatos, poemas, novelas, documentais ou películas que recollan lembranzas desas experiencias.

O formato dos traballos é libre, podedes facer presentacións, entrevistas, carteis ou murais, poesías, exposicións escritas, narracións… Valoraremos a orixinalidade e a calidade da presentación. 

Podedes presentar eses traballos desde o 17 de novembro até o 5 de decembro. Se o soporte é físico, podedes entregalos na biblioteca e se é dixital, podédelos enviar ao correo da biblioteca bibliosalmad@gmail.com

Os mellores traballos gráficos serán expostos nos corredores do Instituto e aqueles seleccionados que empregaren medios audiovisuáis serán proxectados no salón de actos o último día de clase antes das festas do Nadal. Daremos un premio ao mellor traballo e as mencións que foren necesarias en cada categoría.

Falaremos tamén cos vosos profesores e profesoras para que eses traballos sexan valorados nas vosas cualificacións.





martes, 11 de noviembre de 2014

SIN NOVEDAD EN EL FRENTE (Eric Maria Remarque) e PUTA GUERRA! (Tardi)

Esta quincena querémosvos recomendar dous libros, son dous magníficos libros que teñen relación co tema que este curso escollimos como fío condutor. Un clásico da literatura antibelicista que, ademáis, ten inspirado magníficas películas como é SIN NOVEDAD EN EL FRENTE de Eric Maria Remarque


 

e unha banda deseñada que vai camiño de se converter tamén nun clásico, PUTA GUERRA! de Tardi.



«Blacksad» de Juan Díaz Canales y Juanjo Garnido, Premio Nacional del Cómic




BlackSad de Juan Díaz Canales y Juanjo Garrido, Premio Nacional del Cómic.

Desfruta deste autor na nosa biblioteca.


lunes, 10 de noviembre de 2014

miércoles, 29 de octubre de 2014

De santos e de defuntos


Lendo as bases do próximo BiblioXogo


 O esqueleto e o médico

Nunha vila mariñeira había un médico solteiro que vivía coa súa irmá nunha casa antiga. O doutor estaba moi interesado polo estudo da anatomía. Por esa razón, e coa axuda do enterrador local, fixérase cun esqueleto completo. E pasaba moitas horas encerrado no seu consultorio estudando aqueles ósos.
Unha tarde, anos despois, ó pasar por diante da porta do consultorio, a irmá do médico oíu  o ruído dun corpo que caía. Entrou e viu a seu irmán tumbado no piso, sen coñecemento. Coa axuda duns vecinos meteuno na cama.

Ó recobra-lo sentido, o médico, con voz apagada, explicou que, cando estaba examinando o esqueleto, este levantara o brazo e lle zorregara unha labazada tremenda. Na súa meixela aparecían, en efecto, as pegadas dos cinco dedos.

O doutor ordenou enterrar inmediatamente o esqueleto en terra sagrada. Logo perdeu de novo o coñecemento. Morreu ó día seguinte.

                                                                                            Aparicións e santa compaña
                                                                                                Xosé Mariño Ferro
                                                                                                  Edicións do Cumio

lunes, 27 de octubre de 2014

Scórpio, R. Carvalho Calero




A memoria da guerra

Scórpio, por R. Carvalho Calero

Carvalho Calero é o perfecto exemplo dunha xeración tronzada pola guerra desencadeada en España como consecuencia do levantamento militar de 1936. Nese momento, el, galeguista de longa data, encontrábase en Madrid para facer unhas Oposicións, e, en defensa da Constitución, entra no exército republicano, onde chega ao grao de oficial. Cando conclúe a guerra, é xulgado polos tribunais franquistas e condenado a 12 anos e un día de prisión. Após varios anos na cadea, volve a Ferrol e padece todas as dificultades que afectaron os inimigos do Ditador durante a “longa noite de pedra”.
Son, precisamente, as vivencias da guerra de 1936-1939 as que están na base de Scórpio, a súa novela maior, que recibiu o Premio da Crítica no ano da súa publicación, 1987. É unha novela escrita cunha técnica moi fina, porque, a través das voces dos diferentes personaxes, o autor consegue deseñar unha narración fluída en volta do protagonista, Rafael ou “Scórpio”, pois o personaxe nacera baixo ese signo zodiacal. O curioso é que o Rafael, centro do ollar de todos os outros personaxes, nunca aparece como narrador. Recréase así, da mellor maneira posíbel, o enigma que todos os seres humanos somos para os que nos rodean e, mesmo, para nós propios: quen era, verdadeiramente, Scórpio?
O texto ten dúas partes. A primeira comeza co nacemento do Rafael e acaba cando este viaxa a Madrid para facer as oposicións a catedrático de instituto (como o propio autor), pouco antes do comezo da Guerra Civil. A segunda parte  narra os tres anos de conflito, até a novela concluír coa fin da guerra. Scórpio, sen deixar de ser unha novela de personaxes, realiza así un magnífico retrato da vida colectiva neses difíciles anos e da forma en que toda unha xeración ve as súas vidas abaladas de arriba abaixo polo estoupar da violencia bélica.
A pesar da marxinación por parte dos poderes de todo tipo que o autor coñeceu durante os últimos anos da súa vida e que aínda perdura (a RAG négalle obstinadamente o Día das Letras Galegas), como consecuencia da súa defensa da integración do galego na lusofonía, a figura de Carvalho Calero non para de se axigantar e a súa obra, tanto literaria (na narrativa ou na poesía) como ensaística, aparece como un fito incontornábel na cultura galega do S. XX.


viernes, 24 de octubre de 2014

GHALEGHO

Fantástico vídeo que se está a converter en viral feito por unha antiga alumna do centro, Noelia Gómez Calvo.  Parabéns, Noelia. Orghullosos de tí.




sábado, 4 de octubre de 2014

ESCUCHA ESTO. Alex Ross

Cando nos preguntan "Gústache a música?", moitas veces pensamos ou respondemos "Cal tipo de música?". Alex Ross ensínanos que non hai "tipos"  de música, senón MÚSICA con maiúsculas.

Así, ler este libro é acompañar o Alex Ross nunha apaixonante viaxe ao longo do tempo e ao longo do mundo cun único leit-motiv: escoitar toda a música que nos propón.
Unha apaixonante viaxe que el comeza cun disco da súa infancia: "A heroica" de Beethoven, dirixida por Leonard Bernstein, e que o leva a visitar a España colonial en procura das orixes da Chacona, un concerto en Bilbao con Radiohead, para despois acompañalos na súa visita do Guggenheim. Tamén visitamos Viena en dous momentos históricos: no seu esplendor clásico con Mozart e nas sociedades revolucionarias con Schubert.






Entramos na intimidade do estudo de gravación de Björk, acompañamos o John Cage nas súa busca do silencio e do son, asistimos a momentos históricos como o concerto que Marian Anderson deu no Lincoln Center, coñecemos Kiki and Herb e a súa hilariante e punzante crítica, asistimos á explosión da música clásica na China do século XX, encontramos os campistas de Malbourgh Music in Vermont, viaxamos ata o Alaska para desfrutar da música da natureza segundo John Luther Addams, sufrimos as contradiccións de Kurt Cobain... e tantos outros protagonistas da MÚSICA.




Un libro para partillar, idea que tamén tivo Luis Angel de Benito, pois, baseándose no segundo capítulo deste libro, agasallounos con este estupendo programa.






miércoles, 1 de octubre de 2014

CURSO 2014-2015. GUERRA E PAZ

En 2014, cúmprense 100 anos desde a primeira Guerra Mundial, tan chocante e destrutiva que os contemporáneos pasaron a designala como A GRAN GUERRA. As devastadoras consecuencia do conflito tornárono aínda máis arrepiante.
del blog Majestic-Gran-Guerra.blogspot
el mundo. 30 claves para entender a primeira Guerra Mundial 

Cen anos despois desa GRAN GUERRA, a paz parece estar hoxe tan lonxe como entón.  Profundaremos durante este curso no significado da guerra e nas guerras que están presentes ou ameazan o mundo de hoxe. 

Pedro Terciado. ABC. Zoas quentes do mundo

E, sobre todo, buscaremos que a  nosa reflexión e os nosos esclarecementos sobre as guerras sexan de axuda para nos encamiñarmos ao seu reverso: A PAZ.

Pomba da Paz. Pablo Picasso




miércoles, 18 de junio de 2014

ENTREGA PREMIOS NA BIBLIOTECA

      XOVES, 19 DE XUÑO DE 2014, ás 10:10 h. (1º recreo)

Entrega na Biblioteca dos premios:


CLAUSURAMOS O CURSO 2013/2014 NA BIBLIOTECA


                                                  Equipo da Biblioteca, Contamos convosco

lunes, 9 de junio de 2014

John Seymour, o horticultor autosuficiente





"Autoabastecimento non significa retroceder a un nivel de vida máis baixo. Ao contrario, é a pugna por conseguir un nivel de vida máis alto, alimentos frescos, bos e organicamente elaborados, uhna vida grata e un ambiente agradable, a saúde corporal e a paz mental que nacen dun traballo duro e variado ao aire libre, e a satisfacción que provén da realización correcta e eficiente das tarefas difíciles e complicadas".
Con estas palabras, John Seymour (1914-2004) intentaba explicar o seu concepto de autosuficiencia. O libro é todo un compendio de horticultura, vida saudábel, natureza, respecto ao medio ambiente, ecoloxía... Nel Seymour mostra a súa visión de como debería ser unha horta e a persoa que a coida no camiño cara a autosuficiencia. É realmente unha auténtica guía que nos levará a planificar mellor a nosa horta e a entender a unión entre a terra e o home.

jueves, 5 de junio de 2014

En busca del libro perdido. Puntuación final

Bo para comer
O xogo chegou ao seu fin. Temos un concursante con 10 puntos e outro con 9 puntos. Os  números 447 e 18 estiveron pescudando perseverantes do primeiro ao último libro. Os dous teñen un gran mérito. Parabéns de todos os membros do equipo de profesores da  biblioteca que ao longo do curso seguimos con grande espectación a participación de todos vós.
Haberá unha entrega de premios en breve e o curso que vén, máis concurso.
No recuncho da biblioteca tedes a lista definitiva de puntuacións. Un bo remate de curso para todos!

lunes, 19 de mayo de 2014

JORGE MANRIQUE POR AMANCIO PRADA



JORGE MANRIQUE POR AMANCIO PRADA
En este libro se funde el ingenio de una figura emblemática de la canción de autor en España, la plasticidad de un poeta y artista visual como Juan Carlos Mestre y la profesionalidad y pasión por la literatura de Pablo González con la maestría de uno de los poetas más importantes del s. XV: Jorge Manrique.

JORGE MANRIQUE
Las Coplas por la muerte de su padre, también citadas como Coplas a la muerte del maestro don Rodrigo o, simplemente, Las coplas de Jorge Manrique, son una elegía escrita por Jorge Manrique en la muerte de su padre, el Maestre de Santiago don Rodrigo Manrique.  Constituye una de las obras capitales de la literatura española y, sin duda, el mejor poema lírico de la poesía medieval castellana. Esta obra, compuesta de 40 coplas escritas en octosílabos con versos de pie quebrado, pertenece al género poético de la elegía funeral medieval o “planto” y es una reflexión sobre la vida, la fama, la fortuna y la muerte, con resignación cristiana. Se inspira en los precedentes clásicos y medievales del género y en el Eclesiastés, pero también contiene alusiones a la historia reciente de Castilla e incluso a sucesos en los que pudo estar presente el propio autor.
El poema seleccionado (“Recuerde el alma dormida…”) expresa un dolor humano ante la pérdida de un ser querido y nos hace reflexionar sobre la fugacidad de la vida (Tempus irreparabile fugit). Para Manrique, la vida terrenal es solo un paso para alcanzar la vida eterna y por eso hay que saber apreciar el momento que se vive. Realizado en estrofas de pie quebrado que combina versos octosílabos con tetrasílabos (8a/8b/4c), su lenguaje es sencillo y destaca el uso de simetrías sintácticas (“como se pasa”/”como se viene”), antítesis (vida/muerte) y la personificación (avive el alma dormida).




AMANCIO PRADA
Amancio Prada nace León en 1949. Estudia bachillerato en el Bierzo y ciencias empresariales aplicadas a la agricultura en Valladolid. Con veinte años se va a Paris. Allí estudia Sociología en la Universidad de la Sorbona y lleva a cabo estudios de armonía, composición y guitarra en aquella misma ciudad con los profesores Michel Puig y Silos Manso. Tras su presentación en la capital francesa junto a Georges Brassens en el Theâthre Bobino en 1972, las actuaciones de Amancio Prada se suceden tanto en radio y televisión como en centros de emigrantes y en distintas universidades del país vecino. Allí edita su primer disco en 1974, Vida e morte.
A su regreso a España en 1975 graba su segundo disco, dedicado a Rosalía de Castro, y fija su residencia en Segovia. Fruto de esta etapa son Caravel de caraveles, Cántico espiritual,Canciones de amor y celda y Lelia doura. Su actuación en el Teatro Real de Madrid en el primer Festival de Otoño, no hace más que confirmar las críticas unánimes que ha venido recibiendo hasta ese momento. En ellas se destaca de manera especial el rigor de su trabajo y lo insólito de su orientación artística.
Entre sus muchas obras destacan: Sonetos de amor oscuro de F. García Lorca, Rosas a Rosalía, 3 poetas en el círculo (dedicado a Lorca, Cunqueiro y García Calvo), Canciones del alma (su primer libro- disco), Concierto de amor vivo, Coplas a la muerte de su padre (2010), Del amor que quita el sueño, Libre te quiero (2013).





RINCÓN DE CITAS




Amancio Prada: “He pretendido las músicas acordadas, la armonía de la gravedad elegíaca y reflexiva de las Coplas con la exaltación de las verduras de las eras, los galanes y las damas, las justas y los torneos, los vestidos, los olores, paramentos, bordaduras y cimeras… de la vida siempre viva. Un canto de añoranza sin límites, un modo de conservar vivo aquello que ha muerto, pues “tan verdad como que sólo lo que vive muere es que tan sólo lo que muere vive”.

Edward Rothstein en el New York Times ha alabado de Amancio Prada: “la flexibilidad de su timbre y su capacidad dramática en escena”.

Juan Carlos Mestre: “la memoria no encadenada a lo perecedero sino el triunfo de la poesía cuando la llama viva del ayer lo abrasa todo”.

Pablo González: “la unión de dos de sus mayores pasiones: la gótica rotunda y los versos de Manrique”.




ENLACE DE AUDIO







sábado, 10 de mayo de 2014

Actuación do Coro no 3º Encontro de Alumnos de Música de Secundaria e Bacharelato

O pasado xoves os alumnos que forman parte do coro e os alumnos de Expresión Vocal de Bacharelato participaron no 3º Encontro de Alumnos de Música de Secundario e Bacharelato.



Aínda que están gravadas con pésima calidade, estás son as actuacións. O son é malo pola gravación, pero eles soaron moi ben.










Ademáis a foto que a Voz de Galicia escolleu para ilustrar a nova foi precisamente a dos nosos alumnos.


martes, 29 de abril de 2014

Día do libro e dos dereitos de Autor.

Festexamos o día do libro participando nun programa de radio que se trasnmitiu desde o noso centro. Hoyporhoycoruña, radioenvalores, 22 de abril de 2014. Velaí tedes o audio do programa:





Tivemos de todo, música, entrevistamos a Miguel Anxo Fernán-Vello, coñecimos datos sobre o día do libro, sobre os dereitos de autor e debatimos sobre a piratería e a posibilidade de sustentar a cultura neste momento de confusión .

jueves, 10 de abril de 2014

Día da Poesía

Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cíntila, escurece, cala, aborrece a mentira, sente odio e tenrura, desángrase, fala da intimidade á intimidade coas cousas e coa xente, suxire, mundos posibés e imposibés, súa, cansa, sofre sede e fame, adoece, agoniza. E nunca morre. 


Manuel María.  A Luz resucitada (1984)


Para festexar o día da poesía vos propoñemos o seguinte concurso

CONCURSO DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2014
 I.E.S. Salvador de Madariaga. A Coruña.


BASES:

1.- Poderanse presentar poemas escritos en calquera  lingua. No caso das linguas estranxeiras, e da latina e grega engadirase ademais a tradución do poema ao castelán/galego.
2.- Os poemas (ou letras de cancións) poderán pertencer a calquera autor -vivo ou morto, famoso ou descoñecido-, facendo constar expresamente o nome e apelidos do autor. Tamén se admiten poemas orixinais compostos co gallo deste certame.
3.- Poderá presentar un poema ao concurso calquera membro da Comunidade Educativa do Instituto Salvador de Madariaga (alumnado, persoal non docente, familias, profesores).
4.- Entregarase unha copia do poema ou canción na que figurará o autor do mesmo/a. Os datos da persoa que fai a proposta irán á volta desa mesma folla (nome, apelidos, e o curso/grupo no caso dos alumnos).
5.- A presentación farase na Biblioteca perante o profesor que estea de garda nela e no horario de apertura da mesma.
6.- Prazo de presentación: ata o venres 25 de abril ás 13,20 horas.
7.- Os poemas expoñeranse na entrada do Instituto para que poidan ser coñecidos e lidos por todos. A organización deste concurso resérvase o dereito de admisión dos mesmos. No caso de que algún poema non cumpra cos criterios propios dun centro educativo será descalificado e non será exposto.
8.- O mércores 30 de abril farase a votación do mellor poema. Poderán exercer o voto todos os membros da comunidade educativa que así o desexen.
9.- Haberá premio para a persoa que presentase o poema que reciba máis votos. Este consistirá nun CD de música a elixir polo premiado e unha sorpresa.
10.- Así mesmo realizarase un sorteo entre todos os votantes. As dúas papeletas agraciadas recibirán de premio outra sorpresa moi especial.
11.- A organización do concurso resérvase a facultade de modificar calquera punto destas bases, incluíndo a posibilidade de deixar desertos os premios ou mesmo anular o concurso por causas de forza maior.

En A Coruña, a 21 de marzo de 2014.