jueves, 19 de diciembre de 2013

CARCASSONE (Edición Inverno)

 

Nesta ocasión, a nosa recomendación sáese do ordinario e saca do caixón un xogo que tamén podes atopar na biblioteca. "Carcassone edición de inverno" e unha variante do afamado xogo de mesa, que nos invita a viaxar á vila medieval do sur de Francia, que aínda conserva un impresionante castelo e murallas. Trátase tamén dunha viaxe no tempo, xa que cada xogador trasladarse á Idade Media e asumir un rol para ir construindo o xogo a medida que este avanza. Anímate. O xogo é unha das maneiras máis placenteras de aprender.



martes, 17 de diciembre de 2013

En busca del libro perdido. Últimas pistas


As últimas pistas están sobre a mesa. O venres día 20, é o derradeiro  para participar na busca deste 1º libro.

viernes, 13 de diciembre de 2013

jueves, 12 de diciembre de 2013

Econtro con David Allo. Día do voluntariado.

Celebramos o día do voluntariado, con unha estupenda charla con David Allo, que nos falou do seu traballo como voluntario en prol da conservación do medio ambiente.


No relatorio sobre o voluntariado ambiente feito polo ex-alumno do Instituto e I.T. Forestal David Allo, foi salientada a importancia do desenvolvemento sustentábel do planeta, pondo como exemplo de contraste a illa de Pascual coa súa crise Rapa Nui: http://es.wikipedia.org/wiki/Historia_de_Isla_de_PascuaNui, e a importancia do voluntariado para solucionar pequenos grandes problemas medioambientais, desde a recollida de cortizas até a colaboración con entidades medioambientais. Para iso, foi facilitada información sobre algunhas ONG e asociacións en que realizar voluntariado ambiental, como, por exemplo, Senda Nova, que dinamiza a comarca de Bergantiños con numerosas actividades de carácter medioambiental http://www.sendanova.org/

lunes, 9 de diciembre de 2013

La tierra un planeta para la vida

GOLDSMITH Edward, HILDAY Nicholas, BUNYARD Peter, MC CULLY Patrick

Publicado por: Repsol


En palabras da vosa compañeira Ángeles Martínez Jiménez (ESA, 3º A)A terra , a quen dou as grazas pola súa decisiva colaboración ,”Un planeta para a vida” é unha interesante obra que nos invita a pensar, xa que a terra é a nosa casa grande, sen ela non poderíamos vivir, é a nosa nai Gaia, como a denominaban os gregos, ou a Pachamama, como lle chaman os andinos.
A terra sempre foi sometida a grandes cambios. Ademais das propias forzas da natureza que actúan sobre o planeta, a man depredadora do home  coas súas ansias polo desenrolo t tecnolóxico extrae da terra as súas riquezas, como os minerais, o petróleo, a auga, a madeira dos inmensos bosques que forman o pulmón natural  da vida.
Nos últimos anos está a facerse mais agresiva esta tendencia depredadora do home e  precisamente iso éo  que nos quere mostrar este libro, que ” o noso planeta morre” se nos somos quen de parar este proceso.  Porque o equilibrio da natureza  está roto:  miles de especies en extinción, a capa de ozono danada, o déficit acuífero e a contaminación das augas, o cambio climático…son consecuencias do noso réxime de vida que non tardarán moito en deteriorar gravemente as condicións vitais de todos os seres de planeta. Así o podemos apreciar nas precisas e fluídas  explicacións o mesmo que nas impresionantes fotografías que as ilustran.
Pero que podemos facer para solucionar este problema? Pois primeiramente coñecelo e recoñecelo, porque non hai solución sen conciencia do mal. Por iso a lectura deste libro é unha axuda valiosa, xa que nos anima a reflexionar sobre tantas cousas que deberíamos ten en conta na nosa casa pequena se queremos arranxar esa casa grande que a todos nos acolle.






domingo, 1 de diciembre de 2013

Cambio Climático

Dedicamos este mes de novembro á mudanza climática, un dos aspectos máis importantes e relevantes da sustentabilidade.

Varias foron as actividades en que participastes. Deixamos aquí unha lembranza delas.

Unha exposición na entrada, coa súa réplica virtual neste blog, que serviu para profundarmos no problema da mudanza climática.

Exposición cambio climático



Proxectamos nas aulas a película "Unha verdade incómoda", estes pequenos fragmentos nola lembran.







 E para seguir pensando neste tema, aínda que sexa dun xeito máis lúdico, aquí vos propoñemos unha película máis enentretida pero que tamén nos pode facer pensar.