martes, 5 de mayo de 2015

Educación para a PAZ

   O pasado día 10 de febreiro, contamos no instituto coa experiencia do misioneiro Jesús Claro, aproveitando a visita a nosa cidade con motivo do lanzamento da 56 Campaña de Mans Unidas.
  Jesús traballou antes de ser sacerdote como cooperante no Salvador, nos complicados anos despois da guerra civil que viviu o país e que costou a vida a case cen mil persoas, a maioría deles campesinos e xente traballadora que loitaban pola liberdade e polos seus dereitos. Este mestre de vocación antes que fose misioneiro, traballou como mediador de paz entre a guerrilla e o goberno, para que esta transición política fora o máis pacífica e beneficiosa para todo o pobo salvadoreño.

    Desta época tan complicada  salvadoreña, destaca a persoa de Monseñor Romero, hoxe en día de actualidade  no mundo relixioso, pola beatificación por parte do Papa Francisco deste importante personaxe na historia actual de Latinoamérica.
        Oscar Arnulfo Romero  (1917-1980), é considerado en toda Latinoamérica coma a voz dos pobres. A postura  de Oscar Romero , cada vez máis perigosamente comprometida co pobo, foi recoñecida a nivel internacional. Nestes anos O Salvador vivía unha etapa especialmente violenta na que o goberno era un dos máximos responsables. Calcúlase que, entre xaneiro e marzo dese ano máis de 900 civis foron asasinados por forzas da seguridade. De todos era sabido que o gobierno actuaba en estreita colaboración cos escuadróns da morte.
       O 24 de marzo de 1980 Oscar A. Romero é asasinado mentras oficiaba misa por un francotirador. Os funerais, celebrados na Catedral Metropolitana de San Salvador o 30 de marzo foron unha gran manifestación de protesta e pesar, pola morte do defensor dos máis pobres e explotados. Pero convertéronse nunha batalla campal, na que as forzas de seguridade  arremeteron contra miles de salvadoreños concentrados na praza da catedral, na que se encontraban representantes españois do goberno de Felipe González para asistir os funerais. O resultado mais de 40 mortos e douscentos feridos.
       Ao asasinato de Monseñor seguíronlle outros actos de violencia terribles contra unha igrexa comprometida co pobo salvadoreño. A firma do acordo entre o goberno e o FMLN, no 1992, supuxo o inicio dese proceso de paz co que soñou Monseñor Romero. Neste período a figura de Romero  continuou sendo  símbolo de xustiza e de compromiso social. 



   

     

  Por iso o interese da charla do pasado día 10 de febreiro por parte de Jesús Claro, xa que el foi mediador entre o goberno salvavadoreño  e o FMLN, nos acordos de paz que tiveron lugar despois da loita salvadoreña, na que os máis prexudicados sempre son os pobres e campesiños.
  Xesús Claro é precisamente iso, un claro exemplo de compromiso e inquietude por traballlar en causas xustas, que teñen que ver moito coa educación, os dereitos humanos e moitísimo coas liberdades das persoas.

    No ano 90 viaxa por primeira vez a Centroamérica, cando ainda non é relixioso, xa que ten a praza de profesor de Ensino Primario en Andalucía, alí traballa como cooperante para realizar un Programa  de Alfabetización de Adultos en Nicaragua e entra en contacto neste ano cos refuxiados salvadoreños que estaban exiliados pola guerra do seu país.
    No ano 92 pide excedencia no seu posto de traballo docente e marcha a Salvador para colaborar no proceso dos Acordos de Paz que termina coa guerra entre o Goberno e o FMLN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario