martes, 21 de enero de 2014

El Club de la hipotenusa (Claudi Alsina)

"El Club de la Hipotenusa" é un libro de Claudi Alsina. É un percorrido en forma de anécdotas pola Historia das Matemáticas. Moitas delas seguro que son coñecidas para aquelas persoas que se leven ben coas matemáticas, pero Alsina sabe darlle ese encanto especial que lle caracteriza e que fai que un mesmo feito apareza vestido cun traxe novo. Tamén o ilustrador, Anthony Garner, contribúe en boa medida na amenidade do libro, con caricaturas moi logradas de matemáticos.
As anécdotas poden lerse seguindo calquera orde (histórico, alfabético ou aleatorio).
A continuación cinco das anécdotas tal cal aparecen no libro:

Non hai pensións para bebés
Nunha ocasión a recoñecida profesora italiana Emma Castelnuovo contou que o seu irmán maior cumprira xa os 100 anos de idade e ao mes seguinte deixara de cobrar a pensión. Motivo oficial: non se pagaban pensións a bebés. En efecto, a seguridade social italiana non contemplaba nos seus programas informáticos idades con tres cifras e, polo tanto, o día do seu centenario o irmán de Emma pasara a ter 00 anos.
¡ As cifras poden causar problemas!

Números e música
Apesares de que moitos músicos non saben nada de matemáticas e os matemáticos non compoñen música, cada dous por tres aparecen belas afirmacións sobre as grandes relacións entre ambos campos. Leibniz contribuíu a elo:
A música é o pracer que a anima humana experimenta ao contar sen ser consciente que está contando.
1, 2, 3... maaaa...mbo!

Números romanos
Persiste hoxe en día, como única herdanza da matemática romana, o uso dos números romanos en reloxos, para enumerar reis (Juan Carlos I), enumerar papas (Juan Pablo II), ordear volumes de libros (Tomo III, ...), plasmar séculos (século XXI). Se se pensa un instante apreciase que é unha tradición peculiar e rara, mais ao estar arraigada, persiste e a súa actualización a numerais usuais resultaría incluso burlesca (Juan Carlos 1, Juan Pablo 2...).
Algo curioso é como V chegou a ser cinco en Roma. Os lumbreras romanos estiveron anos facendo palotes e repetíndoos (o nove foi IIIIIIIII) ata que para simplificar ocurriuselles que tachar un palote cunha raia inclinada equivalía a dez... e así naceu X... e para o cinco naceu a metade do dez, é dicir, V. Incrible!, con medio símbolo representar a metade.

Deberes ben feitos
O estatístico americano George Dantzing (1914-2005) destacou xa como investigador cando era estudante. Nunha ocasión, en 1934, chegando tarde á clase de estatística de J. Neyman, viu dous enunciados de problemas na lousa. Anotou os enunciados e durante bastantes días fixo os deberes, pensando que o profesor se pasara coa súa dificultade. Finalmente entregou as dúas solucións. O seguinte domingo ás oito da mañá J. Neyman chamaba á porta da súa casa para felicitalo e alentalo a publicar os seus dous resultados. O que Dantzing copiou non eran deberes para casa senón dous problemas abertos que ninguén antes resolvera.

A pelexa Unamuno-Gaudí
Nunha ocasión Miguel de Unamuno acompañado do poeta Joan Maragall foi visitar a Sagrada Familia sendo atendido persoalmente por Gaudí. Como nin a Gaudí lle gustaban as ideas do visitante nin a este o que estaba a ver a visita foi tensa. Pero a pelexa culminante nada ten que ver nin coa filosofía nin coa arquitectura. Foi un reto entre ambos os dous para dilucidar quen facía as mellores figuras de papiroflexia.
Totalmente inesperado.


Lede o libro para descubrir moitas mais historias curiosas. O segredo do club da hipotenusa merece ser descuberto e compartido. Atoparédelo na sección 51 da nosa biblioteca.


No hay comentarios:

Publicar un comentario