sábado, 31 de marzo de 2012

A que distancia está o universo?


Esta semana, organizado polo EDLG, tivemos o pracer de recibir no noso centro a Jorge Mira, coñecido por ser o experto en cifras do programa da TVG Cifras e letras. Este personaxe público ten un currículo tan extenso como variado. É Licenciado en Física, catedrático de Electromagnetismo e director do Departamento de Física Aplicada na Universidade de Santiago. Tamén é responsable do programa de divulgación científica ConCiencia que se celebra anualmente nesta cidade. Ademais de colaborador habitual en varias publicacións especializadas, vén de publicar un libro titulado A ciencia no punto de Mira, que está a vosa disposición na biblioteca, achega sinxela e divertida ás curiosidades científicas. No encontro do martes 27 de marzo, guiados por el percorremos a historia da ciencia desde os antigos gregos ata a actualidade e aprendemos como os científicos foron quen de medir a terra e o universo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario