martes, 26 de abril de 2016
Celebracións no Día do Libro
A pasada semana celebramos o Día do Libro cunha serie de actividades nas que tomaron parte alumnos e profesores do centro. Entre elas destacou o maratón de lectura sobre O enxeñoso fidaldo don Quixote da Mancha, que tivo lugar na biblioteca e no que participou alumnado de ESO e Bacharelato. Tamén prepararon os alumnos e alumnas do centro unha exposición sobre o tempo e a obra de Shakespeare e Cervantes. E, por último, tivemos a honra de recibir no instituto a visita destes dous grandes persoeiros que recitaron polas aulas fragmentos da súa inmensa produción.
martes, 8 de marzo de 2016
miércoles, 24 de febrero de 2016
miércoles, 10 de febrero de 2016
MÚSICA E PENSAMIENTO- SALVADOR DE MADARIAGA
A figura de Salvador de Madariaga na Radio Clásica. Xa que este curso aproveitamos para achegarnos á figura que da nome ao noso instituto e do que atopamos interesante documentación nos nosos arquivos, é interesante escoitar este programa de MÚSICA Y PENSAMIENTO que lle foi adicado.
sábado, 6 de febrero de 2016
Visitamos a Cadena SER
Un grupo de alumnos de 1º da E.S.O., de 4º da E.S.O. e de 1º de Bacharelato, visitaron este martes a Cadena Ser dentro do programa Radio en Valores, e ademáis de saúdarnos desde o 40 principais gravaron o seguinte informativo.
Agora a preparar a emisión do programa Hoy por hoy desde o noso centro o mércores, 24 de febreiro.
Agora a preparar a emisión do programa Hoy por hoy desde o noso centro o mércores, 24 de febreiro.
domingo, 24 de enero de 2016
MIRADAS AO MUNDO
Dentro de este ciclo de charlas o 21 de xaneiro os alumnos de 1º de bacharelato tiveron a charla da ONG Miradas ao Mundo que traballan con algunhas das zonas máis desfavorecidas dalgúns países de África como Guinea-Bissau, Etiopía, Uganda; Sierra Leona. Actualmente a súa actividade está centrada en Guinea Bissau. A responsable de dita asociación neses paísa faloulles dos problemas dos inmigrantes que saen do seu país e veñen á nosa cidade. Contamos asimesmo coa testemuña dun inmigrante senegalés, que contou a súa saída en cayuco de Senegal e o seu naufraxio en alta mar e como foi axudado por un barco pesqueiro.
sábado, 19 de diciembre de 2015
Exposición sobre Salvador de Madariaga
En relación co tema da biblioteca deste curso, Exilios, lembramos a este ilustre exiliado corunés, finado en Suíza o 14 de decembro de 1978, e de quen o instituto recibe o seu nome, mediante unha exposición que destaca trazos da súa biografía, obra, cartas e textos manuscritos. A exposición complétase cunha evocación do exilio republicano, traendo á memoria a algúns dos homes e mulleres que tiveron que marchar do país desenvolvendo o seu traballo en países estranxeiros onde foron acollidos amigablemente.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)