Deixamos aquí este vídeo da última xuntaza do club de lectura de 1º e 2º da E.S.O. Queda claro que o pasaron ben.
viernes, 27 de abril de 2018
miércoles, 25 de abril de 2018
Encontro coa escritora María Solar
O martes 24 no centro Ágora baixo o título "Literatura e Ciencia" tivo lugar un encontro entre alumnado de varios centros de A Coruña coa escritora María Solar. Nós acudimos con alumnos e alumnas de 3º de ESO para participar nesta interesante charla na que tamén participaban dúas científicas membros do CSIC.
Nela, a partir da lectura do libro Os nenos da varíola as ponentes fixeron un percorrido que foi interrelacionando diversos aspectos da novela coa informanción científica que estaba como telón de fondo da mesma. O alumnado gozou moito con esta actividade e puido ao final facerlle preguntas e conversar coa autora.
sábado, 21 de abril de 2018
Recital de poesía
O venres 20 de abril alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO participaron nun recital de poesía con motivo dunha serie de actividades realizadas na semana do Día do Libro. Poetas clásicos e contemporáneos das literaturas castelá e galega resoaron nos labios dos rapaces, que se achegaron deste xeito ás realidades, linguas e suxestións que latexaban nos seus versos.
jueves, 5 de abril de 2018
Hoy Por Hoy. Cadena Ser
Rematamos a nosa experiencia de A Radio en Ruta coa cadena Ser, cansados pero felices do resultado. Vos deixamos o enlace co programa.
"La Radio en Ruta" lleva hasta el IES Salvador de Madariaga.
"La Radio en Ruta" lleva hasta el IES Salvador de Madariaga.
martes, 3 de abril de 2018
Estrelas para Rosalía
Qué é? É que est´n a facer a colada no instituto? Pois case que sí, pero unha colada moi especial feita polo alumnado de 1º de ESO dirixido por Beatriz, a dinamizadora lingüística. A que así non importa tanto facer as tarefas domésticas?
lunes, 19 de marzo de 2018
Mulleres e Pensamento
Parece que por fin a sociedade decidiuse a considerar que as mulleres merecen máis atención que a celebración dun "Día da Muller Traballadora". Sí, as mulleres levamos a traballar dende sempre, pero a Historia foi sempre escrita por homes, e a mitade da población mundial quedou sempre agochada detrás deles. Porque o noso traballo vai moito máis aló do ámbito doméstico onde sempre quixeron limitarnos. E os seu logros en todas as ramas do pensamento teñen moito máis mérito polos atrancos que atopamos.
A nosa aportación na Biblioteca do IES Salvador de Madariaga, neste ano de concienzación e reivindicación do papel das mulleres no desenvolvemento das civilizaciones, vai centrada no tema elixido para iste ano 2018 :
Imos centrar noso traballo na divulgación de tódalas mulleres esquecidas, ausentes dos libros de texto, descoñecidas polo noso alumnado. Dende as que temos mís perto de nós como Sofía Casanova ou Emilia Pardo Bazán, coñecidas de todos/as, ou Ánxeles Alvariño de Leira, primeira muller almirante, e Carmen Blanco, poeta, ensaista e feminista.
A seguinte presentación foi feita Pola mestra Reme Budiño, a quen lle queremos agradecer que nola deixara compartir do seu Slideshare.
A nosa aportación na Biblioteca do IES Salvador de Madariaga, neste ano de concienzación e reivindicación do papel das mulleres no desenvolvemento das civilizaciones, vai centrada no tema elixido para iste ano 2018 :
Mulleres e Pensamento
![]() |
Sofía Casanova |
![]() |
Carmen Blanco |
A seguinte presentación foi feita Pola mestra Reme Budiño, a quen lle queremos agradecer que nola deixara compartir do seu Slideshare.
martes, 6 de marzo de 2018
Un premio para Alba
A alumna de 1º de bacharelato A, Alba Uxía Arca Nieto, foi merecedora dun accésit no XIII Concurso literario Rita Suárez Amado convocado no IES Eusebio da Guarda pola súa obra "Polos seus luceiros".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)