Rematamos a nosa experiencia de A Radio en Ruta coa cadena Ser, cansados pero felices do resultado. Vos deixamos o enlace co programa.
"La Radio en Ruta" lleva hasta el IES Salvador de Madariaga.
jueves, 5 de abril de 2018
martes, 3 de abril de 2018
Estrelas para Rosalía
Qué é? É que est´n a facer a colada no instituto? Pois case que sí, pero unha colada moi especial feita polo alumnado de 1º de ESO dirixido por Beatriz, a dinamizadora lingüística. A que así non importa tanto facer as tarefas domésticas?
lunes, 19 de marzo de 2018
Mulleres e Pensamento
Parece que por fin a sociedade decidiuse a considerar que as mulleres merecen máis atención que a celebración dun "Día da Muller Traballadora". Sí, as mulleres levamos a traballar dende sempre, pero a Historia foi sempre escrita por homes, e a mitade da población mundial quedou sempre agochada detrás deles. Porque o noso traballo vai moito máis aló do ámbito doméstico onde sempre quixeron limitarnos. E os seu logros en todas as ramas do pensamento teñen moito máis mérito polos atrancos que atopamos.
A nosa aportación na Biblioteca do IES Salvador de Madariaga, neste ano de concienzación e reivindicación do papel das mulleres no desenvolvemento das civilizaciones, vai centrada no tema elixido para iste ano 2018 :
Imos centrar noso traballo na divulgación de tódalas mulleres esquecidas, ausentes dos libros de texto, descoñecidas polo noso alumnado. Dende as que temos mís perto de nós como Sofía Casanova ou Emilia Pardo Bazán, coñecidas de todos/as, ou Ánxeles Alvariño de Leira, primeira muller almirante, e Carmen Blanco, poeta, ensaista e feminista.
A seguinte presentación foi feita Pola mestra Reme Budiño, a quen lle queremos agradecer que nola deixara compartir do seu Slideshare.
A nosa aportación na Biblioteca do IES Salvador de Madariaga, neste ano de concienzación e reivindicación do papel das mulleres no desenvolvemento das civilizaciones, vai centrada no tema elixido para iste ano 2018 :
Mulleres e Pensamento
![]() |
Sofía Casanova |
![]() |
Carmen Blanco |
A seguinte presentación foi feita Pola mestra Reme Budiño, a quen lle queremos agradecer que nola deixara compartir do seu Slideshare.
martes, 6 de marzo de 2018
Un premio para Alba
A alumna de 1º de bacharelato A, Alba Uxía Arca Nieto, foi merecedora dun accésit no XIII Concurso literario Rita Suárez Amado convocado no IES Eusebio da Guarda pola súa obra "Polos seus luceiros".
lunes, 19 de febrero de 2018
Gañadores do "Fuxitivo"
Seguro que moitos xa sabíades a solución desta adiviña, non si?
Pois polo menos catro alumnos de 1º ESO B, dous de 2º ESO A , outros tres de 2º ESO B e dúas máis de 3º ESO B foron quen de adiviñalo. E deses 12, 3 foron rapaces e o resto rapazas. Queres saber seus nomes? Pásate pola Biblio e o verás.
Por certo, os libros en cuestión eran os seguintes:
Anímate a leelos, están todos na Biblioteca

lunes, 5 de febrero de 2018
Seguimos á busca
O Fuxitivo segue a súa andaina. Xa temos novas pistas para atopar o segundo libro. Eres bo detective? Serás tí o gañador? Repasa as pistas por ver de si sabes cal é.
lunes, 15 de enero de 2018
Nova edición do Fuxitivo. Serás quen de atopar o libro misterioso?
Rematou o prazo de presentación de solucións á última edición do "Fuxitivo" . Eiquí tes as pistas ...
E o libro misterioso era ...
En breve teremos xa en marcha unha nova etapa do "Fuxitivo". Como en edicións anteriores, cada semana teremos unha nova pista que nos axudará a atopar o libro misterioso. Pensas que sabes a solución? Mete na caixa un papel co teu número de lector e a solución. Ao remate, publicaremos a relación de gañadores.
E o libro misterioso era ...
Foron 7 os gañadores nesta edición: 5 de 2º ESO e 2 de 3º ESO
En breve teremos xa en marcha unha nova etapa do "Fuxitivo". Como en edicións anteriores, cada semana teremos unha nova pista que nos axudará a atopar o libro misterioso. Pensas que sabes a solución? Mete na caixa un papel co teu número de lector e a solución. Ao remate, publicaremos a relación de gañadores.
Anímaste?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)