lunes, 8 de mayo de 2017

Recital Poético

Este á a reseña que a nosa compañeira da biblioteca Carmen Martín, profesora de Lingua española e Literatura, compartiu con nós sobre o recital poético organizado cos alumnos de ESO.


RECITAL DE POESÍA-DÍA DEL LIBRO


El pasado día 24 de abril se celebró en el Salón de Actos del IES Salvador de Madariaga un recital de poesía conmemorativo del “Día Internacional del Libro”, organizado dentro del programa de actividades de la Biblioteca en colaboración con los departamentos de Gallego, Castellano, Inglés, Francés y Alemán. Contó con la participación de alumnos de 1º, 2º y 3º de ESO, que a lo largo de dos horas declamaron textos poéticos de autores pertenecientes a distintas épocas desde la Edad Media hasta la actualidad.
Cabe señalar que esta conmemoración fue promovida por la UNESCO y se celebra en todo el mundo con el objetivo de fomentar la lectura.
La elección del 23 de abril como “Día Internacional del Libro” viene motivada por coincidir en la misma fecha del año 1616 el entierro de Miguel de Cervantes Saavedra (según el calendario gregoriano), la muerte (probablemente también el nacimiento) de William Shakespeare (según el calendario juliano), así como la muerte del Inca Garcilaso de la Vega, los tres considerados grandes escritores de la Literatura Universal.

 
PROGRAMA DO RECITAL CONMEMORACIÓN DÍA DO LIBRO
IES SALVADOR DE MADARIAGA- 24 DE ABRIL DE 2017


Miguel de Cervantes
Rosalía de Castro

 
 William Shakespeare

 
Walt Whitman

                     Paul Verlaine                                 Goethe



 

martes, 2 de mayo de 2017

Participación do Coro do Instituto Salvador de Madariaga no encontro de Asomúsica



Tivemos unha dura  semana de traballo co coro do instituto. Antes de participar no Musiqueando 2017, acudimos ao encontro que no Auditorio de Ferrol organizou asomúsica.  Nese encontro actuamos, asistimos ao concerto dos outros seis institutos, confraternizamos, participamos en diferentes talleres; divertímonos, en suma. Aquí quedan estes vídeos como lembranza.



Break Down the Walls: A Biblioteca, espazo de Convivencia

Desde o Departamento de inglés fíxose unha proposta de mellora da convivencia e das relacións persoais, para prever e actuar contra o acoso escolar.
Clara Gurriagán, alumna en prácticas do Mestrado de Educación, en colaboración coa súa titora, Pilar Garabana, propuxo a posta en escena de varias situacións comúns nos institutos. O alumnado escribiu o guión, preparou a escenografía e actuou diante dos compañeiros/as de 1º de ESO.
Aquí vos deixo varias instantáneas da preparación e a posta en escena.
Todos desfrutamos e aproveitamos moito a experiencia.
Fabricando ladrillos



Traballando na biblioteca




Actuando

Ao final do acto, se lle pediu ao público que condensara nunha frase unha recomendación para evitar o acoso, e co resultado fixemos un panel que se expón na entrada do instituto.

domingo, 30 de abril de 2017

Musiqueando 2017




Este xoves os nosos alumnos sumáronse á gran festa da Educación Musical convocada pola COAEM e que en toda España foi secundada por máis de 224 centros e máis de 22.000 alumnos.

A idea desta xornada de festa é levar ás rúas todo o traballo que se fai nas aulas de música, e como a música contribúe á formación dos nosos alumnos no aspecto social, no aspecto intelectual e como non, no artístico.






Nos puxemos o noso aporte e a experiencia non puido ser máis satisfactoria, a pesar da mala sorte de que comezase a chover e tiveramos que rematar dentro do Salón de Actos.


jueves, 27 de abril de 2017

Premiados no concurso literario de Libre-Relatos

Reunido o xurado do I Concurso Literario de Libre-Relatos, resolveu outorgar os seguintes premios:

  • Alumnado de 1º a 3º de ESO.
    • Premio en lingua castelá ao relato "La dama de los recuerdos" (autor/a: Clarissa).
    • Premio en lingua galega ao relato "Cando os príncipes se converten en ras" (autor/a: Unicornio).
  • Alumnado de 4º ESO a 2º de Bacharelato.
    • Premio en lingua castelá ao relato "El punto final" (autor/a: Kuraidesu Black).
    • Premio en lingua galega ao relato "A onda mundial" (autor/a: Croqueta).
  • Outórganse tamén dous accésits aos seguintes relatos:
    • "¿Se trata en verdad de dolor?" (autor/a: F.R.Erena)
    • "O alfabeto musical" (autor/a: C.J. Yancey)
Os premios serán entregados na biblioteca do centro o mércores 3 de maio ás 10:10.