miércoles, 29 de marzo de 2017

Remata a exposición "O Instituto e a Cidade"




Dentro das actividades programadas pola biblioteca para desenvolver o tema deste ano "O Instituto e a Cidade", destaca a exposición que durante tres meses puidemos disfrutar na entrada do centro.
Panorámica da exposición

En varios paneis amosamos os cambios máis visibles na contorna do instituto: como cambiou a apariencia non só do edificio, senón da cidade escolar na que se empraza e mesmo dos barrios máis próximos, que sufriron cambios espectaculares nas décadas pasadas.






Nosos compañeiros María Gromaz, do departamento de Xeografía e Historia, e Juan Pablo Fernández, de Debuxo, foron os responsables do contido e do deseño respectivamente.







martes, 21 de febrero de 2017

Celebrando o Día de Rosalía de Castro




O día 24 de febreiro de 1837 naceu a escritora Rosalía de Castro. Este ano celébranse os cento oitenta anos do seu nacemento. Desde a biblioteca do instituto e o EDLG do centro queremos festexar este día cunha serie de actividades, entre elas, a proposta pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega: un mannequin challenge, que podedes ver aquí. Para iso contamos coa colaboración do alumnado dos Clubs de Lectura.

martes, 17 de enero de 2017

Visita á Biblioteca Infantil e Xuvenil das Bibliotecas Municipais de A Coruña



O alumnado de 2º da E.S.O. Visiou o 19/12/2016 á Biblioteca Infantil e Xuvenil das Bibliotecas Municipais da Coruña Alumnado de 2ESO. Aquí quédannos algunhas fotos para lembralo.

miércoles, 21 de diciembre de 2016

Recomendacións para o Nadal

Aquí tedes as nosas recomendacións para este Nadal, máis unha pequena lembranza das nosas actividades neste primeiro trimestre.


lunes, 5 de diciembre de 2016

O Fuxitivo segue adiante


O noso clásico "O Fuxitivo" está de volta. Imos xa polo segundo libro, despois do  éxito do primeiro: alta participación e o gran número de acertos. O cadaleito foi a primeira pista. Xa moitos empezamos a buscar libros de mortos. As advertencias en inglés leváronnos a unha sección específica na CDU. E os osiños de goma deron a moitos a pista final, aínda que houbo quen pensou que eran un agasallo e por pouco non deixaron rastro deles.





Nesta segunda proposta, temos as pistas a xeito de xeroglífico con evidente sabor de Nadal. Serás quen de descubrilo?


?