Hola compañer@s. os recomiendo una lectura (a su vez recomendada) y que se encuentra en la bilioteca del Centro. La autora es Helen Hanff y el título es "84, Charing Cross Road". Espero que todos la disfrutemos.
Un saludo prenavideño!!!!!
miércoles, 10 de diciembre de 2014
miércoles, 3 de diciembre de 2014
EXPOSICIÓN DE XOGOS ARTESÁNS NA NOSA BIBLIOTECA
Temos unha estupenda exposición na nosa biblioteca de xogos de mesa e de Estratexia.
Son obra da Buxaina e ademáis de poder desfrutar e aprender con eles, podedes escoller un orixinal regalo para o Nadal.
| Fotografía de IrenePermuy, extraída da páxina de Buxaina.com |
Atoparedes xogos antigos , xogos populares, xogos de estratexia.
Xogos de guerra en tempos de paz.
Estarán desde hoxe até o día 10 de decembro, pasade a descubrilos na nosa biblioteca.
miércoles, 19 de noviembre de 2014
Po de estrelas, X. Mariño
Divulgación dende Galicia
Po de estrelas, por Xurxo Mariño
Xurxo Mariño especializouse en neurofisioloxía, e representa un dos maiores expoñentes da divulgación científica galega na actualidade. Licenciado en CC. Biolóxicas pola Universidade de Santiago, empezou investigando en entomoloxía. Agora é profesor na Universidade da Coruña, tras unha estancia no MIT. Malia una importante faceta como investigador desenvolve con soltura e destreza un labor de divulgación que ten varios frontes:
- Blog, como el mesmo define, sobre "natureza, ciencia e todo o demais".
- Discurshow, unha serie de charlas científicas en lugares pouco convencionais.
- Libros como Os dados do reloxeiro, Po de estrelas ou Neurociencia para Julia.
Ao participar en calquera das súas charlas un comprende que a Ciencia, con maiúsculas, non é algo frío, complicado e (sobre todo) distante. Os conceptos máis escuros
vólvense comprensibles e, ademais, transmíteos alguén que non só fala a
nosa lingua, senón que vive a nosa propia realidade.
En Po de estrelas,
Xurxo tenta que comprendamos as novas teorías e ideas sobre o Universo e a vida no planeta Terra, combinando as dúas
propiedades que tan ben domina: o rigor e precisión científica e a
capacidade para entreter e divulgar. Citando ao propio Xurxo: “Comprender o mundo que nos rodea é un excelente elixir mental contra a credulidade e o fanatismo“.
jueves, 13 de noviembre de 2014
CONCURSO LEMBRANZAS DO NADAL EN TEMPOS DE GUERRA
Propómosvos un concurso para investigardes sobre como viven os nenos as festas do Nadal en tempos de guerra. A nosa sociedade asocia o Nadal con tempos de alegría infantil, de vida ao calor do fogar e tamén de moito consumismo…. Porén, cando toca vivir esas datas en tempos de guerra, ou de posguerra, de escaseza ou privacións como se viven nos países que sofren conflitos armados ou padecen as súas consecuencias, as cousas son moi diferentes… Procurade información e describide esas vivencias.
Podedes preguntar os vosos avós ou xente de idade que viviu a
guerra ou a posguerra, podedes investigar en xornais, libros ou outras fontes
de información. Outra vía de pesquisa téndela en relatos, poemas, novelas,
documentais ou películas que recollan lembranzas desas experiencias.
O formato dos traballos é libre, podedes facer presentacións,
entrevistas, carteis ou murais, poesías, exposicións escritas, narracións…
Valoraremos a orixinalidade e a calidade da presentación.
Podedes presentar eses traballos desde o 17 de novembro até o
5 de decembro. Se o soporte é físico, podedes entregalos na biblioteca e se é
dixital, podédelos enviar ao correo da biblioteca bibliosalmad@gmail.com
Os mellores traballos gráficos serán expostos nos corredores
do Instituto e aqueles seleccionados que empregaren medios audiovisuáis serán
proxectados no salón de actos o último día de clase antes das festas do Nadal.
Daremos un premio ao mellor traballo e as mencións que foren necesarias en cada
categoría.
Falaremos tamén cos vosos profesores e profesoras para que
eses traballos sexan valorados nas vosas cualificacións.
martes, 11 de noviembre de 2014
SIN NOVEDAD EN EL FRENTE (Eric Maria Remarque) e PUTA GUERRA! (Tardi)
Esta quincena querémosvos recomendar dous libros, son dous magníficos libros que teñen relación co tema que este curso escollimos como fío condutor. Un clásico da literatura antibelicista que, ademáis, ten inspirado magníficas películas como é SIN NOVEDAD EN EL FRENTE de Eric Maria Remarque
e unha banda deseñada que vai camiño de se converter tamén nun clásico, PUTA GUERRA! de Tardi.
e unha banda deseñada que vai camiño de se converter tamén nun clásico, PUTA GUERRA! de Tardi.
«Blacksad» de Juan Díaz Canales y Juanjo Garnido, Premio Nacional del Cómic
BlackSad de Juan Díaz Canales y Juanjo Garrido, Premio Nacional del Cómic.
Desfruta deste autor na nosa biblioteca.
lunes, 10 de noviembre de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
