viernes, 11 de marzo de 2022

8 Marzo 2022

 Aproveitamos o uso e abuso que do término Empoderamento Feminino se fixo este ano no Benidorm Fest para afondar no significado desa palabra, da mans de mulleres empoderadas como son Rigoberta Bandini e as Tanxugueira

 

                          

lunes, 6 de septiembre de 2021

BOOKSTAGRAMERS DE LUXO

Os bookstagramaers son os novos e grandes animadores á lectura, e o venres descubrimos no xornal que unha das máis interesantes e influentes é alumna do noso centro e Colaboradora da Biblioteca. 

 

Así que, xa que se nos presenta outro curso en que nos coñeceremos con máscaras e en espazos virtuais, queremos citarvos nun máxico espazo virtual. Surfeandolibros, o IG de Irene Pérez Lis. Alí nos vemos,  animádevos a seguila; e sobre todo, animádevos a ler, ela nos mostra eses espazos cheos de maxia que crean os libros.

 

bookstagramers galegos

viernes, 6 de marzo de 2020

Encontro co escritor Fernando Lalana




O noso alumnado de 2º da E.S.O. puido coñecer este luns, 2 de marzo, a Fernando Lalana, escritor destacado dentro do panorama da literatura española xuvenil que veu facernos unha visita ao centro. 
  Lalana escribiu, entre outros moitos éxitos, La Tuneladora, un libro de intriga protagonizado polo xa emblemático detective Fermín Escartín que está a facer as delicias da nosa rapazada e que ben lle valeu ao autor o Lista de Honor White Ravens, concedido pola International Youth Library, no ano 2007. 
  Xurxo, Unai, Antón, Sabela, Rodrigo, Carlos, Lucas, Hugo e moitos e moitas máis puideron facerlle a Lalana mil preguntas ao máis puro estilo detectivesco, e a verdade é que moito e bo debeu de ser o espírito escudriñador dos presentes, porque disque algún saíu xa de alí co carné nin máis nin menos que de detective debaixo do brazo! Ben, non hai outra: se Fernando Lalana che asina un libro nomeándote detective... É que es detective e punto! ;-)
Un pracer terte connosco, Fernando, e volve cando queiras! :-)

viernes, 24 de enero de 2020

Ano Novo, tema novo





Despois de termos traballado o tema "Viaxar" durante o curso 2019, este ano eliximos profundar na Ecoloxía e escollemos "Un Planeta para o Futuro" como asunto principal. Trátase de aproveitarmos a sensibilización do noso alumnado ao respecto da problemática medioambiental para indagarmos máis e traballarmos de forma colaborativa e coordinada entre todos os departamentos para darlle un enfoque global. 
Tanto se es alumna ou alumno, como profesor, non dubides en subirte ao carro da ecoloxía, aportar propostas ou, simplemente, deixarnos un comentario aquí abaixo. Trátase de sementar e as propostas e comentarios tamén nos axudan a medrar :-)




O IES Salvador de Madariaga sobe ao tren da Sosteniblidade! Súmaste? ;-)



jueves, 19 de septiembre de 2019

Benvidas e benvidos ao novo curso!


Resultado de imagen de curso 2019 2020


Benvidas e benvidos ao curso 2019-2020. Xa comezaron as aulas e toca, mal que pese a moitas e moitos, sacudirse a area da praia das camisolas e pensar en mercar axendas e libros. Porén, lembrade que tendes unha biblioteca sempre disposta a vos axudar e que a partir do 30 de setembro estaremos abertos non só para facer empréstitos, senón para vos acoller, dar consellos etc.

Non esquezades tampouco a nosa fantástica dinámica do Libro fuxitivo que vos converte en detectives de libros, nin os Clubs de lectura. Preguntade aos vosos titores por eles e apuntádevos. Pasarémolo en grande!

E, como non, a biblioteca precisa de colaboradores espelidos que nos boten unha man nos recreos ordenando ou con outros mesteres. Polo voso labor, recibiredes un diploma homologado pola Xunta no que conste a vosa participación, poderedes gozar de privilexios dentro da biblioteca, como coller seis libros no canto de tres, e un prazo de 30 días de custodia do libro en vez de 15. Animádevos!

Vémonos polos corredores! :-)



martes, 25 de junio de 2019

Cancións enerxéticas



 O pasado mércores 19 de xuño tivo lugar no noso centro a entrega de premios do primeiro concurso “Cancións enerxéticas” no que participou todo o alumnado de 3º da ESO. Eles, guiados das profesoras Paula e Bea, tiñan que modificar a letra dunha canción coñecida introducindo nela os diferentes tipos de enerxías. Despois, no salón de actos foron proxectadas todas as cancións e tivo lugar a entrega de medallas dos ganadores. Deixámosvos alcunhas fotos e esperamos repetir o ano que vén!





martes, 18 de junio de 2019

Despedida do club de lectura de 2º de ESO




Pouco a pouco o fin de curso foise achegando e con el o noso último encontro do club de lectura de 2º da ESO que tivo lugar o pasado 18 de xunio. Nesta ocasión o alumnado tivo a posibilidade de escoller entre dúas obras: a banda deseñada Morte no Nilo de Agatha Christie, ou o libro ilustrado Los niños del humo de Alfonso Zapico e Aitana Castaño.
A idea inicial era facer unha saída breve ao Parque de Santa Margarita na Coruña como premio ao noso traballo durante o curso e, tamén, para poder realizar actividades que requiren dun pouco máis de tempo e espazo, mais a meteoroloxía dese día non nolo permitiu. Pese a iso, realizamos varias tarefas no centro. 
Por unha banda, comentamos ambos libros poñéndonos no papel dun detective que tivese que investigar un crime e dun mineiro e da súa forma de levar o seu traballo día a día. Unhas das actividades que máis nos gustaron foron as xincanas que fixemos por todo o centro superando diferentes probas relacionadas coas obras e que nos foron conducindo a un pequeno e doce premio final. Por último, fixemos unha valoración de como foi o club de lectura durante todo o ano, pensamos en como melloralo e falamos de novas posibilidades para o ano que vén. 

A resposta de todo o alumnado foi moi positiva así que vos convidamos a participar nos nosos encontros o próximo curso. Animádevos!!