E, por último, a edición da revista ilustrada sobre textos de Vento ferido, de Carlos Casares: "Agarda longa ao sol", "Aparecerá pola esquina" e "Outro verán". O ano pasado comezamos con esta actividade para o Día das Letras Galegas coa intención de que teña continuidade nos vindeiros anos.
Exposición da obra de Carlos Casares
Na planta baixa do instituto instalouse unha exposición sobre a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano, na que se reunía grande parte da súa obra publicada.Maratón de lectura
O día 18 de maio organizouse un maratón de lectura no que participaron os alumnos e alumnas da ESO. Escolleuse o libro O principiño, traducido ao galego por Carlos Casares, en relación coa exposición que houbo no centro do 31 de marzo ao 7 de abril, na que se mostraba a colección particular do autor das diferentes edicións do libro de Saint Exupéry en máis de sesenta linguas do mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario