miércoles, 15 de noviembre de 2017

Visita dos alumnos polacos

Dentro de intercambio co instituto de Gdansk que temos programado para iste curso escolar, o pasado día 16 de outubro chaegaron a nosa cidade 17 alumnos e 2 profesoras, cos que compartimos 5 días moi intensos.




Aproveitamos todas a raioliñas de sol para coñecer a nosa cidade, ensinarlles cousas da nosa cultura, convivir con eles e tamén pasar moitos bós momentos.





Eiquí vos queda unha mostra dunha danza popular que aprendimos deles.



lunes, 13 de noviembre de 2017

Samaín na Biblioteca

Iste ano o Samaín tinguiuse de negro máis que nunca. E na nosa Biblioteca a nosa compañeira Lola fixo unha obra de arte, como fai ela sempre, onde ligou os recentes lumes forestais coa celebración do Samaín.


O himno galego é o fío conductor da denuncia. Resaltando aquelas parte onde se fai alusión ao verdor de Galiza, o contraste cos restos queimados é aínda máis forte










Referencias aos fogares queimados, ás catro provincias galegas, ás árbores e as riquezas perdidas.


Iste ano as nosas cabazas están de loito. Iste ano a reivindicación do himno ten máis sentido que nunca.


.

viernes, 3 de noviembre de 2017

O noso instituto cumpre 70 anos


Mellor dito, é o edificio o que fai 70 anos.

  En realidade, no ano 1947 edificouse este centro para atender aos varóns, e as mulleres ficaron no antigo local da Praza de Pontevedra. É por iso que aínda se nos coñece como "Instituto Masculino", aínda que xa hai tempo que mudamos o nome, e que o ensino deixou de estar diferenciado por sexos.

Mais para non esquecer a nosa historia, e ser conscientes dos cambios acaecidos nestes 70 anos, dende a Biblioteca mostramos algunhas testemuñas do pasado, para que o alumnado presente saiba de onde ven e como mudou todo, do papel do centro na historia da cidade e do valor das ensinanzas do pasado.



lunes, 23 de octubre de 2017

Clubs de Lectura

Esta semana, na que ademáis conmemoramos as Bibliotecas Escolares, comezan a funcionar os nosos clubes de lectura:
  •  Os de 1º e 2º da ESO tiveron a súa primeira reunión o venres  pasado. Se a perdiches, ponte en contacto con Elisa Vázquez (PT) ou Fátima Fernández Ruibal (Galego). Elas son as coordinadoras.
  • Os de 3º e 4º da ESO reunímonos hoxe (luns 23) por primeira vez na aula 22 no segundo recreo. Se queres información, podes falar con Irene Caeiro (Música) ou Isabel González (Galego)
  • Os de 1º e 2º de Bacharelato teremos a reunión os mércores no segundo recreo na sala de visitas de secretaría. Pásate por alí, ou pregúntalle a Irene Caeiro ou Pilar Garabana (Inglés)

Anímate 



lunes, 9 de octubre de 2017

Benvida



Ola a todas/os
 Xa comezou o novo curso, e aínda que cunha pouquiña preguiza voltamos ás rutinas. Todos temos xa ganas de visitar a biblioteca, mais teremos que agardar aínda uns días para poder organizar o empréstito e as actividades.
Nós xa estamos en marcha, e contamos con todos vós para dar vida a este proxecto, que basicamente é voso, dos estudantes e os docentes do IES Salvador de Madariaga.



 Xa veredes como paga a pena agardar. Axiña estaremos con vós.



Ficade atentos ás novas...







domingo, 28 de mayo de 2017

Actividades na semana das Letras Galegas

Revista ilustrada
E, por último, a edición da revista ilustrada sobre textos de Vento ferido, de Carlos Casares: "Agarda longa ao sol", "Aparecerá pola esquina" e "Outro verán". O ano pasado comezamos con esta actividade para o Día das Letras Galegas coa intención de que teña continuidade  nos vindeiros anos.






Exposición da obra de Carlos Casares
Na planta baixa do instituto instalouse unha exposición sobre a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano, na que se reunía grande parte da súa obra publicada.



Maratón de lectura
O día 18 de maio organizouse un maratón de lectura no que participaron os alumnos e alumnas da ESO. Escolleuse o libro O principiño, traducido ao galego por Carlos Casares, en relación coa exposición que houbo no centro do 31 de marzo ao 7 de abril, na que se mostraba a colección particular do autor das diferentes edicións do libro de Saint Exupéry en máis de sesenta linguas do mundo.












viernes, 12 de mayo de 2017

Entrega de premios do concurso de microrrelatos



O venres 5 de maio, no Salón de Actos do centro, foron entregados os premios do I Concurso Literario de Libre-Relatos, no que participou alumnado de 1º de ESO a 1º de Bacharelato. Agradecemos a vosa participación a prol da estimulante tarefa de escribir e desenvolver as vosas capacidades creativas nesta actividade. Parabéns a todos os premiados.

Relatos premiados en Lingua Galega





Relatos premiados en Lingua Castelá