Os bookstagramaers son os novos e grandes animadores á lectura, e o venres descubrimos no xornal que unha das máis interesantes e influentes é alumna do noso centro e Colaboradora da Biblioteca.
Así que, xa que se nos presenta outro curso en que nos coñeceremos con máscaras e en espazos virtuais, queremos citarvos nun máxico espazo virtual. Surfeandolibros, o IG de Irene Pérez Lis. Alí nos vemos, animádevos a seguila; e sobre todo, animádevos a ler, ela nos mostra eses espazos cheos de maxia que crean os libros.