martes, 2 de mayo de 2017

Break Down the Walls: A Biblioteca, espazo de Convivencia

Desde o Departamento de inglés fíxose unha proposta de mellora da convivencia e das relacións persoais, para prever e actuar contra o acoso escolar.
Clara Gurriagán, alumna en prácticas do Mestrado de Educación, en colaboración coa súa titora, Pilar Garabana, propuxo a posta en escena de varias situacións comúns nos institutos. O alumnado escribiu o guión, preparou a escenografía e actuou diante dos compañeiros/as de 1º de ESO.
Aquí vos deixo varias instantáneas da preparación e a posta en escena.
Todos desfrutamos e aproveitamos moito a experiencia.
Fabricando ladrillos



Traballando na biblioteca




Actuando

Ao final do acto, se lle pediu ao público que condensara nunha frase unha recomendación para evitar o acoso, e co resultado fixemos un panel que se expón na entrada do instituto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario