lunes, 3 de marzo de 2014

Día de Rosalía (II)




O venres tivo lugar un acto no instituto en lembranza de Rosalía de Castro.  Proxectáronse vídeos nos que os alumnos do centro lían poemas da autora, así como versións novidosas que fixeron dos seus textos artistas como Cristina Pato e Rosa Cedrón ou Najla Shami. Tamén se proxectou unha curtametraxe inspirada na figura e obra de Rosalía. Ao final do acto a alumna Jennifer Vilar Lodeiro interpretou un monólogo, do que aquí tedes unha pequena mostra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario