Noticieiro gravado esta semana polo alumnado do instituto participante no programa A radio en valor cando visitou a sede da emisora na praza de Ourense.
domingo, 18 de enero de 2015
Visita a Radio Coruña Ser
Noticieiro gravado esta semana polo alumnado do instituto participante no programa A radio en valor cando visitou a sede da emisora na praza de Ourense.
miércoles, 14 de enero de 2015
Quico Cadaval no Madariaga
Quico Cadaval, no Madariaga
No día 14 de xaneiro, o Instituto tivo a fortuna de recibir a visitado director teatral, autor e, case, polígrafo Quico Cadaval. Estivo connosco toda a mañá. Primeiro sostivo unha conversa co alumnado deArtes escénicas e Cultura audiovisual sobre a súa montaxe da obra de W. Shakespeare "Noite de reis", que os estudantes teñen que comentar nas PAU. Tornouse así posíbel profundar nas interioridades da dirección teatral e, en particular, do proceso de escenificación da obra de W. Shakespeare. Alén de nos facer unha breve síntese das características do teatro na Inglaterra isabelina, o Quico respondeu múltiples preguntas sobre a súa aproximación ao texto, a forma en que resolveu o deseño do espazo escénico, o uso das cores, a escolla e preparación do elenco, o movemento escénico ou a música que acompañaba ao vivo a Representación.
A seguir, Cadaval deleitou varios grupos de Bacharelato cunha das súas fascinantes sesións de narración oral. Nesta ocasión, o punto de partida foi unha pregunta da súa nai, en canto preparaba unha carne ao forno: "Quico, o que é o complexo de Edipo?" Apañado na difícil empresa de lle responder, o Quico fíxonos unha divertidísima recreación da historia que Sófocles inmortalizou en "Edipo Rei", puntuada polos agudos comentarios da súa nai, porque, como xa antes
nos dixera, o que lle vai ao Quico é tratar asuntos graves en forma de comedia.
martes, 13 de enero de 2015
Conto do Nadal, Christmas Carol, Canción de Navidad (Charles Dickens)


A nosa aposta para o esta quincena no biblioxogo foi este extraordinario e clásico libro do Nadal.
En 1843 Charles Dickens compuxo este "Conto" para felicita-lo Nadal ós seus lectores. Acadara xa daquela o éxito que nunca deixaría. Escribiuno en poucas semanas, púxose niso con teima,e durante a redacción "chorou, riu e volveu chorar" (carta ó seu amigo americano Cornelius Felton), ofrecendo unha mensaxe de solidariedade, da que se ten falado logo coma filosofía do Nadal.
Dickens quixo para este libro unha edición de luxo, con magníficas ilustracións e encadernación. Por outra banda, insistiu en que o prezo fose ben baixo, e así, o éxito de vendas non supuxo ningún beneficio comercial. As grandes tiradas, gracias ó desenvolvemento tecnolóxico da industria do papel e a prensa rotativa achegábano a un amplísimo mercado, insospeitado poucos anos atrás. E vemos o seu gusto pola fala cotiá que chega da rúa ó papel sen apenas filtros e préstase á lectura en voz alta. O prazer de contar...por iso a linguaxe é cálida, viva: e aínda que non especialmente elegante, crea con ela un estilo vigoroso e atractivo.O seu carácter sinxelo e popular, evocador - apoiándose en refráns -,humorístico;a distinción nítida de bos e malos, expresada a través de personaxes grotescos moitas veces, das súas propias caricaturas, de arquetipos nos que se reflicten actitudes respectivamente gabadas ou condenadas, son elementos que atraen a un público tan amplo.De feito Dickens foi un escritor de grande aceptación entre as "clases populares".
A obra mantén a popularidade que acadara en vida do autor e lonxe de se fosilizar,os seus persoaxes e as situación que viven, integránse na historia parsoal de moitos homes.
Comeza...
LIMIAR
Pretendín, neste libriño fantástico, evoca-la pantasma dunha idea que non vai enrabechar ós meus lectores nin con eles mesmos, nin uns cos outros, nin coa estación do ano, nin comigo.Acollédeo de grao nas vosas casas, e que ninguén desexe botalo de alí.
O seu fiel amigo e servidor
C.D.
Nadal 1843
Pois iso...aquí sigue...na nosa biblioteca....vivo...
Este é o libro que imos ter en exposición neste NADAL

Palestra de David Caeiro, célebre especialista en efectos especiais, para os alumnos de Cultura audiovisual
Consistiu nun encontro dos alumnos de Cultura audiovisual con David Caeiro Cebrián e Guillermo Represa. David Caeiro comezou a súa carreira na extinta Dygra, aquí, na Coruña, e de aí pasou aos USA, onde traballou en Dreamworks (si, a de Spielberg) e, despois, pasou á Nova Zelandia (si, é así, en galego), onde traballa con Peter Jackson (si, o do Hobbit etc.). É un experto en efectos especiais e animación e este foi o motivo da palestra que desenvolveu durante dúas horas. Os alumnos, coas súas constantes preguntas, fixeron case innecesaria a miña intervención para animar a sesión. Alén de lles expor o camiño que seguiu desde os seus estudos de Física até a actualidade, o David esclareceu aspectos fundamentais da animación por computador e os ffxx, con exemplos concretos. Guillermo Represa, montador de tantos filmes na historia recente do cinema español, tamén contribuíu a resolver as moitas dúbidas e curiosidades que formulou o alumnado.
A VES (Vissual Effects Society)ven de publicar as nominacións aos seus premios, e o noso convidado foi nominado na Categoría Outstanding Effects Simulations in a Photoreal/Live Action Feature Motion Picture xunto cos seus compañeiros John Allit e Roy Menahem polo seu traballo no Hobbit: A battalla dos cinco exércitos.
Achégamos links á IMDB onde podes ver as carreiras dos dous personaxes cos que tivemos a sorte de contar:
A VES (Vissual Effects Society)ven de publicar as nominacións aos seus premios, e o noso convidado foi nominado na Categoría Outstanding Effects Simulations in a Photoreal/Live Action Feature Motion Picture xunto cos seus compañeiros John Allit e Roy Menahem polo seu traballo no Hobbit: A battalla dos cinco exércitos.
miércoles, 17 de diciembre de 2014
miércoles, 10 de diciembre de 2014
"84, Charing Cross Road" (Helen Hanff)
Hola compañer@s. os recomiendo una lectura (a su vez recomendada) y que se encuentra en la bilioteca del Centro. La autora es Helen Hanff y el título es "84, Charing Cross Road". Espero que todos la disfrutemos.
Un saludo prenavideño!!!!!
Un saludo prenavideño!!!!!
miércoles, 3 de diciembre de 2014
EXPOSICIÓN DE XOGOS ARTESÁNS NA NOSA BIBLIOTECA
Temos unha estupenda exposición na nosa biblioteca de xogos de mesa e de Estratexia.
Son obra da Buxaina e ademáis de poder desfrutar e aprender con eles, podedes escoller un orixinal regalo para o Nadal.
![]() |
| Fotografía de IrenePermuy, extraída da páxina de Buxaina.com |
Atoparedes xogos antigos , xogos populares, xogos de estratexia.
Xogos de guerra en tempos de paz.
Estarán desde hoxe até o día 10 de decembro, pasade a descubrilos na nosa biblioteca.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)

