martes, 13 de enero de 2015

Palestra de David Caeiro, célebre especialista en efectos especiais, para os alumnos de Cultura audiovisual

Consistiu nun encontro dos alumnos de Cultura audiovisual con David Caeiro Cebrián e Guillermo Represa. David Caeiro comezou a súa carreira na extinta Dygra, aquí, na Coruña, e de aí pasou aos USA, onde traballou en Dreamworks (si, a de Spielberg) e, despois, pasou á Nova Zelandia (si, é así, en galego), onde traballa con Peter Jackson (si, o do Hobbit etc.). É un experto en efectos especiais e animación e este foi o motivo da palestra que desenvolveu durante dúas horas. Os alumnos, coas súas constantes preguntas, fixeron case innecesaria a miña intervención para animar a sesión. Alén de lles expor o camiño que seguiu desde os seus estudos de Física até a actualidade, o David esclareceu aspectos fundamentais da animación por computador e os ffxx, con exemplos concretos. Guillermo Represa, montador de tantos filmes na historia recente do cinema español, tamén contribuíu a  resolver as moitas dúbidas e curiosidades que formulou o alumnado.



Achégamos links á IMDB onde podes ver as carreiras dos dous personaxes cos que tivemos a sorte de contar:









A VES (Vissual Effects Society)ven de publicar as nominacións aos seus premios, e o noso convidado foi nominado na Categoría Outstanding Effects Simulations in a Photoreal/Live Action Feature Motion Picture xunto cos seus compañeiros John Allit e Roy Menahem polo seu traballo no Hobbit: A battalla dos cinco exércitos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario