viernes, 6 de marzo de 2020

Encontro co escritor Fernando Lalana




O noso alumnado de 2º da E.S.O. puido coñecer este luns, 2 de marzo, a Fernando Lalana, escritor destacado dentro do panorama da literatura española xuvenil que veu facernos unha visita ao centro. 
  Lalana escribiu, entre outros moitos éxitos, La Tuneladora, un libro de intriga protagonizado polo xa emblemático detective Fermín Escartín que está a facer as delicias da nosa rapazada e que ben lle valeu ao autor o Lista de Honor White Ravens, concedido pola International Youth Library, no ano 2007. 
  Xurxo, Unai, Antón, Sabela, Rodrigo, Carlos, Lucas, Hugo e moitos e moitas máis puideron facerlle a Lalana mil preguntas ao máis puro estilo detectivesco, e a verdade é que moito e bo debeu de ser o espírito escudriñador dos presentes, porque disque algún saíu xa de alí co carné nin máis nin menos que de detective debaixo do brazo! Ben, non hai outra: se Fernando Lalana che asina un libro nomeándote detective... É que es detective e punto! ;-)
Un pracer terte connosco, Fernando, e volve cando queiras! :-)

No hay comentarios:

Publicar un comentario