Unha parte do noso alumnado puido desfrutar hai unhas semanas dun campamento moi especial en Razo, no que o mar foi o protagonista. Seica temos xa uns cantos e cantas vixiantes da praia e tamén expertos en domadores de ondas. De acordo, non volveron con mechas californeanas ;-) mais si con amplos coñecementos de surf e é que o noso departamento de Educación Física se preocupa sempre porque coñezan e sobre todo experimenten diferentes actividades e facetas do deporte. Porque educación física non é só saltar o poldro, nin xogar ao bádminton ou dar cambadelas, como algún profesorado nos fixo ver a algúns hai xa moitos anos, senón coñecer como responde o noso corpo ante diversas actividades e ante o noso medio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario