Propóñovos unha viaxe imaxinaria a un país pouco coñecido, pero apaixonante, trátase de Perú...Interred que traballa por unha educación inclusiva, gratuita e de calidade, e ten como prioridade o traballo con mulleres, isto é o que realiza en Puno, cidade situada na beira do lago Titicaca, lago navegable e o máis alto do mundo...O Movemento Manuela Ramos desenvolve varias intervencións en Perú dirixidas a fomentar o dereito das mulleres a unha vida libre de violencia de xénero e a súa erradicación pasa necesariamente por modificar ditas relacións apoiando procesos de empoderamento, individuais e colectivos das mulleres.
Pero volvamos á cidade de Puno e o lago Titicaca, impresionantes as illas artificiais dos Uros, construídas a base de totora, un xunco que medra baixo estas augas. Habitada por aimaras, é considerada unha das civilizacións máis antigas , por xurdir moito antes que os incas. Os seus habitantes viven nunha especie de cidadela feita a base de totora e conta con 40 illas , con casas, igrexas e colexios.
Visitar a exposición é coñecer a loita de moitas mulleres por atopar un futuro digno e libre de todo tipo de violencia.
Visitar a exposición é darlle valor a outras culturas que descoñecemos, pero que nos achegan outro xeito de ver a vida e o mundo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario