O martes 24 no centro Ágora baixo o título "Literatura e Ciencia" tivo lugar un encontro entre alumnado de varios centros de A Coruña coa escritora María Solar. Nós acudimos con alumnos e alumnas de 3º de ESO para participar nesta interesante charla na que tamén participaban dúas científicas membros do CSIC.
Nela, a partir da lectura do libro Os nenos da varíola as ponentes fixeron un percorrido que foi interrelacionando diversos aspectos da novela coa informanción científica que estaba como telón de fondo da mesma. O alumnado gozou moito con esta actividade e puido ao final facerlle preguntas e conversar coa autora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario