jueves, 3 de noviembre de 2016

Novo curso, novas ideas

Xa comezamos o curso 2016/17. Xa funciona o empréstito, e xa andamos o equipo da biblioteca ao completo a pensar e organizar.

O ano pasado ficamos moi satisfeit@s do traballo realizado. Baixo o tema "Exilios" aprendemos sobre o exilio español e galego da posguerra, traballando dende varios ámbitos, e achegámonos aos exilios recentes,  non menos penosos, dos actuais refuxiados. Puidestes ler sobre as exposicións, o programa da Radio en Valor e outras actividades en entradas anteriores.


Este ano o fío condutor dos nosos traballos é o tema "O Centro e a Cidade". Sendo o IES Salvador de Madariaga un centro histórico da nosa cidade, pareceunos interesante investigar a relación entre os dous, o que significou a construción do instituto no seu momento para a zona onde se sitúa e comprender un pouco mellor a súa historia para así entender a situación actual.

Animámosvos a emprender connosco esta viaxe, a participar nas nosas propostas.

Vinde á biblioteca. Tedes moito que dar e moito que gañar.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario