sábado, 7 de marzo de 2015

Día Internacional da Muller

video


O día 8 de marzo foi declarado pola ONU como o Día Internacional da Muller. A idea da existencia dun día que reivindicase a igualdade e os dereitos da muller naceu a finais do século XIX e, actualmente, este día celébrase en moitos países do mundo. A educación, independentemente das fronteiras e das diferenzas sociais ou lingüísticas, é o punto de partida dese longo camiño pola igualdade. Este vídeo é a nosa aportación para conmemorar este día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario