lunes, 17 de febrero de 2014

O paso do noroeste, Xavier Queipo



Con este libro o autor gañou o premio García Barros no ano 1996. É un libro de aventuras que segue o ronsel dos clásicos do xénero. O protagonista, o capitán Duchesnoy, participa nunha expedición polo Atlántico Norte que ten como finalidade atopar unha ruta náutica de acceso ao océano Pacífico e así chegar antes a China e a Xapón. A bordo da fragata francesa L'Epée, sae coa súa tripulación do porto de Brest e inicia unha viaxe cara uns lugares escasamente habitados. Nesta travesía, terán que enfrontarse á climatoloxía adversa, a unha natureza hostil de paisaxes neboentas, á soidade e a duras probas nunca imaxinadas.

1 comentario:

  1. Ten unha pinta estupenda, ao final as aventuras de sabor clásico son as máis entretidas.

    ResponderEliminar