jueves, 30 de enero de 2014

DÍA DA PAZ : HAI FUTURO EN PAZ SE NON HAI RECURSOS PARA TODOS?


CIENCIA FICCIÓN: FICCIÓN CIENTÍFICA OU FUTURO INCONTORNÁBEL?


Cando o desenvolvemento científico permitiu albiscar o futuro, moitos visionarios lanzáronse a anticipar o que ese desenvolvemento nos había traer.

Primeiro, a literatura e, despois, o cinema quixeron mostrarnos o noso porvir. Do optimismo inicial que nos mostraba a ciencia como a panacea que curaría todos os males e abriría as portas doutros planetas e mundos, axiña, a realidade das guerras levou a profetizar escenarios apocalípticos posnucleares e unha inmensa destrución. Pouco a pouco, foi sendo definido un panorama de desenvolvemento incontrolado, mundos hipertecnificados ou robots rebeldes.













En tempos recentes, a crecente convicción de estarmos a estragar recursos non renovábeis e de estarmos a converter o planeta nun vertedoiro de lixo foi plasmada en obras proféticas de mundos cubertos de auga ou de detritos, de fenómenos climáticos extremos produto da interferencia humana no clima ou de fuxidas desesperadas a outros mundos en procura de recursos esgotados no noso.







¿Servirán estas profecías para concienciar a opinión pública da necesidade de planos de desenvolvemento sustentábel? Sexa como for, aqueles que teñen nas súas mans a tomada de decisións para poren freo á loucura de desbarato e destrución non poderán alegar o “E eu que sabía!” Os extraordinarios efectos especiais do cinema actual puxéronse ao servizo da ficción científica para nos describiren eses escenarios apocalípticos como se estivesen xa aquí. Confiemos e esperamos que o que, por agora, é ficción non se torne en inevitábel realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario