lunes, 9 de diciembre de 2013

La tierra un planeta para la vida

GOLDSMITH Edward, HILDAY Nicholas, BUNYARD Peter, MC CULLY Patrick

Publicado por: Repsol


En palabras da vosa compañeira Ángeles Martínez Jiménez (ESA, 3º A)A terra , a quen dou as grazas pola súa decisiva colaboración ,”Un planeta para a vida” é unha interesante obra que nos invita a pensar, xa que a terra é a nosa casa grande, sen ela non poderíamos vivir, é a nosa nai Gaia, como a denominaban os gregos, ou a Pachamama, como lle chaman os andinos.
A terra sempre foi sometida a grandes cambios. Ademais das propias forzas da natureza que actúan sobre o planeta, a man depredadora do home  coas súas ansias polo desenrolo t tecnolóxico extrae da terra as súas riquezas, como os minerais, o petróleo, a auga, a madeira dos inmensos bosques que forman o pulmón natural  da vida.
Nos últimos anos está a facerse mais agresiva esta tendencia depredadora do home e  precisamente iso éo  que nos quere mostrar este libro, que ” o noso planeta morre” se nos somos quen de parar este proceso.  Porque o equilibrio da natureza  está roto:  miles de especies en extinción, a capa de ozono danada, o déficit acuífero e a contaminación das augas, o cambio climático…son consecuencias do noso réxime de vida que non tardarán moito en deteriorar gravemente as condicións vitais de todos os seres de planeta. Así o podemos apreciar nas precisas e fluídas  explicacións o mesmo que nas impresionantes fotografías que as ilustran.
Pero que podemos facer para solucionar este problema? Pois primeiramente coñecelo e recoñecelo, porque non hai solución sen conciencia do mal. Por iso a lectura deste libro é unha axuda valiosa, xa que nos anima a reflexionar sobre tantas cousas que deberíamos ten en conta na nosa casa pequena se queremos arranxar esa casa grande que a todos nos acolle.






No hay comentarios:

Publicar un comentario