sábado, 5 de octubre de 2013

BENVIDOS AO CURSO 2013-2014.- A Sustentabilidade

Comezamos a nosa andaina este curso 2013-2014.

Por fin, comezamos o empréstito. Pero iso non quere dicir que non estiveramos traballando para conseguir que cada curso a biblioteca sexa un pouco máis nosa e un proxecto de todos.

 Este curso escollimos un tema para traballar de máxima actualidade.- A SUSTENTABILIDADE. 

Agardamos que esa actualidade non sexa unha moda pasaxeira, porque é indudable que cada ano que pasa é máis urxente que tomemos consciencia de que os recursos non son ilimitados, polo menos do xeito que agora os estamos a empregar.

 O Secretario Xeral da O.N.U., Ban Ki.-Moon Estableceu no ano 2012 como prioridade número 1 "O desenvolvemento Sustentabel" para toda a terra.
Imaxe de  Expoknews. Diario de RSE y sustentabilidad

Por desgraza, este gran desafío mundial componse de pequenos retazos e na nosa casa, moitas son as cousas que vemos que nos ameazan. O ano pasado conmemoramos os dez anos do Prestige, sen que poidamos celebrar que esa terribe ameaza desapareceu das nosas costas, asistimos ao movemento cidadá dos veciños de Corcoesto en pé de guerra con un proxecto miñeiro que ameaza con anegar o seu val e despertamos este verán con imaxes arrepiantes dos montes galegos ardendo. Moito é polo tanto o traballo que queda por desenvolver.

Moitos de vós, xa estades a traballar sobre ese tema, xa que vai ser elemento conductor da convivencia en inglés á que asistiredes algúns alumnos en Soria coas profesoras Belén Buño e Pilar Garabana. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario