lunes, 15 de abril de 2013

O xabaril branco.- Tucho Calvo

A novela narra a peripecia vital do Fito, un mozo dos Ancares unido por un máxico vínculo ao descomunal xabaril branco (de aí o título da novela) que só ven el e o Futingo, un mendicante sabio e algo meigo de impresionante aspecto. Acompañando o Futingo nunha viaxe de iniciación á vida, Fito deixa a casa natal e, cando o Futingo desaparece, vese atrapado por un “gancho” das mafias que explotan a emigración galega á Arxentina. No curso dunha terrible viaxe, namórase dunha moza, Xela, tamén emigrante, e xuntos intérnanse na Pampa. Alí, viven unha apaixonante aventura, no cadro do enfrontamento entre os indíxenas araucanos e os colonizadores, e as aparicións do xabaril branco irán acompañando os momentos decisivos da vida do protagonista, a cabalo entre os séculos XIX e XX.



Miguel Anxo Prado e Tucho Calvo


O libro incorpora marabillosas ilustracións de Miguelanxo Prado.










2 comentarios: