lunes, 23 de febrero de 2015

Día da paz




Celebramos este ano o Día da Paz e a non violencia lembrando a todas as persoas que morreron nos campos de concentración vítimas da barbarie.

jueves, 29 de enero de 2015

martes, 27 de enero de 2015

27 de xaneiro de 2015. 70 Aniversario da liberación de Auschwitz-Birkenau

Esta derradeira semana de Xaneiro chega con moitas efemérides e momentos históricos que lembrar. Hoxe, 27 de xaneiro, celébrase o 70 aniversario da liberación polas tropas ruso-soviéticas do campo de concentración de Auschwitz, celebración que aparece hoxe chea de resentimentos e leas nun Leste da Europa que non agoira nada de bo.

Por outra parte, aproveitamos para homenaxear os españois que, despois de perderen a guerra, acabaron nos campos de concentración nazis. Convidámosvos a ver este documental.





Tamén quereriamos invitarvos a escoitar o inicio deste podcast que nos aproxima do horror dos campos de concentración onde, a brutalidade foi exercida con perverso requinte.



Houbo, porén, xente que loitou dentro das súas posibilidade contra ese terror


E para que o pasado non se perpetue e para que aprendamos do pasado e non o utilicemos para buscar xustificacións. Queremos amosarvos aquí o fantástico proxecto de Daniel Baremboin e Edward Said; The West-eastern divan orchestra.




Agardamos por vos o vindeiro martes na biblioteca ás 12:10 segundo recreo, onde faremos a nosa particular celebración do día da Paz, en memoria de toda a xente que morreu nestes campos, ou sobreviviu e loitou por eles; por todos os que morren de forma inxusta por mor do odio.

lunes, 26 de enero de 2015

CONCERTO DE NADAL.

Cun pouco de retraso asimesmo, pero aquí temos a actuación do noso coro nas actuacións do día antes do Nadal. Orgullosos de como soaron.

 

jueves, 22 de enero de 2015

LEMBRANZAS DE NADAL EN TEMPO DE GUERRA

Cun pouco de retraso, publicamos o resultado do concurso "lembranzas de Nadal en tempo de Guerra"
Desfrutade do magnífico relato que conseguiu o primeiro premio.



domingo, 18 de enero de 2015

Visita a Radio Coruña Ser


Noticieiro gravado esta semana polo alumnado do instituto participante no programa A radio en valor cando visitou a sede da emisora na praza de Ourense.


miércoles, 14 de enero de 2015

Quico Cadaval no Madariaga




Quico Cadaval, no Madariaga No día 14 de xaneiro, o Instituto tivo a fortuna de recibir a visitado director teatral, autor e, case, polígrafo Quico Cadaval. Estivo connosco toda a mañá. Primeiro sostivo unha conversa co alumnado deArtes escénicas e Cultura audiovisual sobre a súa montaxe da obra de W. Shakespeare "Noite de reis", que os estudantes teñen que comentar nas PAU. Tornouse así posíbel profundar nas interioridades da dirección teatral e, en particular, do proceso de escenificación da obra de W. Shakespeare. Alén de nos facer unha breve síntese das características do teatro na Inglaterra isabelina, o Quico respondeu múltiples preguntas sobre a súa aproximación ao texto, a forma en que resolveu o deseño do espazo escénico, o uso das cores, a escolla e preparación do elenco, o movemento escénico ou a música que acompañaba ao vivo a Representación. A seguir, Cadaval deleitou varios grupos de Bacharelato cunha das súas fascinantes sesións de narración oral. Nesta ocasión, o punto de partida foi unha pregunta da súa nai, en canto preparaba unha carne ao forno: "Quico, o que é o complexo de Edipo?" Apañado na difícil empresa de lle responder, o Quico fíxonos unha divertidísima recreación da historia que Sófocles inmortalizou en "Edipo Rei", puntuada polos agudos comentarios da súa nai, porque, como xa antes nos dixera, o que lle vai ao Quico é tratar asuntos graves en forma de comedia.