sábado, 31 de marzo de 2012

A que distancia está o universo?


Esta semana, organizado polo EDLG, tivemos o pracer de recibir no noso centro a Jorge Mira, coñecido por ser o experto en cifras do programa da TVG Cifras e letras. Este personaxe público ten un currículo tan extenso como variado. É Licenciado en Física, catedrático de Electromagnetismo e director do Departamento de Física Aplicada na Universidade de Santiago. Tamén é responsable do programa de divulgación científica ConCiencia que se celebra anualmente nesta cidade. Ademais de colaborador habitual en varias publicacións especializadas, vén de publicar un libro titulado A ciencia no punto de Mira, que está a vosa disposición na biblioteca, achega sinxela e divertida ás curiosidades científicas. No encontro do martes 27 de marzo, guiados por el percorremos a historia da ciencia desde os antigos gregos ata a actualidade e aprendemos como os científicos foron quen de medir a terra e o universo.

martes, 20 de marzo de 2012

Libros para Soñar

Gustaríame hoxe presentarvos o blogue dunha librería moi especial. De libreiras que adoran os libros e escollen agarimosamente cada un dos exemplares que teñen á venda. Están especializados en libros infantís e xuvenís. Cada visita ao seu local é un pracer e unha tentación.

LIBROS PARA SOÑAR


lunes, 5 de marzo de 2012

Criadas y Señoras



Si alguno ha visto esta película, habrá disfrutado de la deliciosa historia de tres mujeres fuertes que poco a poco van creando lazos de complicidad en el profundo Sur de los Estados Unidos en la época de los derechos civiles. Son historias que tienen un fondo de dureza y que muestran las complejidades y mezquindades del mundo en el que transcurren, pero su autora es capaz de construir una historia amena y divertida por momentos, que nos hace comprender a esos personajes y poco a poco entender la valentía de la que hacen gala en su vida diaria. Para los que hayáis visto la película, y sobre todo para los que no la hayáis visto os invitamos a que os acerquéis a la biblioteca a leer el libro, mucho más divertido aún que la película, nos permitirá encariñarnos todavía más con Abeileen, Minnie y Skeeter y detestar a la odiosa Miss Hilly.



martes, 14 de febrero de 2012

14 de febreiro

O 14 de febreiro, día de San Valentín, máis aló das datas comerciais, sérvenos para lembrar un dos grandes motores da literatura, do cine e da arte en conxunto: O Amor.

Na biblioteca do IES Salvador de Madariaga celebramos a efeméride cunha exposición de poemas e de títulos con ese tema.

Féliz día de San Valentín.



domingo, 12 de febrero de 2012

La vuelta al mundo en ochenta libros

Este Podcast é un pouco antigo, pero é unha marabillosa forma de achegarse ao que significa a palabra escrita e as bibliotecas na historia e evolución do pensamento. Gustaríame que se alguén ten tempo o escoitara e desfrutara.






Aquí están algunhas das obras citadas para abrir boca.

  



    

martes, 7 de febrero de 2012

CHARLES DICKENS

O 7 de febreiro de 1812 nace en Portsmouth Charles Dickens. Celebramos, pois, o seu douscentos aniversario. Seguro que coñecedes moitos dos seus libros; Conto de Nadal, Oliver Twist, David Copperfield, Grandes Esperanzas




Charles Dickens é o gran narrador da Inglaterra Victoriana. Todos coñecemos obras del porque ademáis de ser un gran clásico os seus libros admiten lecturas desde a infancia como narracións xuvenís até a idade adulta. Este vídeo vos permitirá coñecer mellor a súa figura e mellorar o voso inglés, asimesmo.




miércoles, 1 de febrero de 2012

Campaña de lectura do MEC

O MEC acaba de difundir a súa campaña de promoción da lectura para novos de entre 14 e 18 anos, anímovos a visitar a súa páxina