viernes, 24 de octubre de 2014

GHALEGHO

Fantástico vídeo que se está a converter en viral feito por unha antiga alumna do centro, Noelia Gómez Calvo.  Parabéns, Noelia. Orghullosos de tí.




sábado, 4 de octubre de 2014

ESCUCHA ESTO. Alex Ross

Cando nos preguntan "Gústache a música?", moitas veces pensamos ou respondemos "Cal tipo de música?". Alex Ross ensínanos que non hai "tipos"  de música, senón MÚSICA con maiúsculas.

Así, ler este libro é acompañar o Alex Ross nunha apaixonante viaxe ao longo do tempo e ao longo do mundo cun único leit-motiv: escoitar toda a música que nos propón.
Unha apaixonante viaxe que el comeza cun disco da súa infancia: "A heroica" de Beethoven, dirixida por Leonard Bernstein, e que o leva a visitar a España colonial en procura das orixes da Chacona, un concerto en Bilbao con Radiohead, para despois acompañalos na súa visita do Guggenheim. Tamén visitamos Viena en dous momentos históricos: no seu esplendor clásico con Mozart e nas sociedades revolucionarias con Schubert.






Entramos na intimidade do estudo de gravación de Björk, acompañamos o John Cage nas súa busca do silencio e do son, asistimos a momentos históricos como o concerto que Marian Anderson deu no Lincoln Center, coñecemos Kiki and Herb e a súa hilariante e punzante crítica, asistimos á explosión da música clásica na China do século XX, encontramos os campistas de Malbourgh Music in Vermont, viaxamos ata o Alaska para desfrutar da música da natureza segundo John Luther Addams, sufrimos as contradiccións de Kurt Cobain... e tantos outros protagonistas da MÚSICA.




Un libro para partillar, idea que tamén tivo Luis Angel de Benito, pois, baseándose no segundo capítulo deste libro, agasallounos con este estupendo programa.






miércoles, 1 de octubre de 2014

CURSO 2014-2015. GUERRA E PAZ

En 2014, cúmprense 100 anos desde a primeira Guerra Mundial, tan chocante e destrutiva que os contemporáneos pasaron a designala como A GRAN GUERRA. As devastadoras consecuencia do conflito tornárono aínda máis arrepiante.
del blog Majestic-Gran-Guerra.blogspot
el mundo. 30 claves para entender a primeira Guerra Mundial 

Cen anos despois desa GRAN GUERRA, a paz parece estar hoxe tan lonxe como entón.  Profundaremos durante este curso no significado da guerra e nas guerras que están presentes ou ameazan o mundo de hoxe. 

Pedro Terciado. ABC. Zoas quentes do mundo

E, sobre todo, buscaremos que a  nosa reflexión e os nosos esclarecementos sobre as guerras sexan de axuda para nos encamiñarmos ao seu reverso: A PAZ.

Pomba da Paz. Pablo Picasso




miércoles, 18 de junio de 2014

ENTREGA PREMIOS NA BIBLIOTECA

      XOVES, 19 DE XUÑO DE 2014, ás 10:10 h. (1º recreo)

Entrega na Biblioteca dos premios:


CLAUSURAMOS O CURSO 2013/2014 NA BIBLIOTECA


                                                  Equipo da Biblioteca, Contamos convosco

lunes, 9 de junio de 2014

John Seymour, o horticultor autosuficiente





"Autoabastecimento non significa retroceder a un nivel de vida máis baixo. Ao contrario, é a pugna por conseguir un nivel de vida máis alto, alimentos frescos, bos e organicamente elaborados, uhna vida grata e un ambiente agradable, a saúde corporal e a paz mental que nacen dun traballo duro e variado ao aire libre, e a satisfacción que provén da realización correcta e eficiente das tarefas difíciles e complicadas".
Con estas palabras, John Seymour (1914-2004) intentaba explicar o seu concepto de autosuficiencia. O libro é todo un compendio de horticultura, vida saudábel, natureza, respecto ao medio ambiente, ecoloxía... Nel Seymour mostra a súa visión de como debería ser unha horta e a persoa que a coida no camiño cara a autosuficiencia. É realmente unha auténtica guía que nos levará a planificar mellor a nosa horta e a entender a unión entre a terra e o home.

jueves, 5 de junio de 2014

En busca del libro perdido. Puntuación final

Bo para comer
O xogo chegou ao seu fin. Temos un concursante con 10 puntos e outro con 9 puntos. Os  números 447 e 18 estiveron pescudando perseverantes do primeiro ao último libro. Os dous teñen un gran mérito. Parabéns de todos os membros do equipo de profesores da  biblioteca que ao longo do curso seguimos con grande espectación a participación de todos vós.
Haberá unha entrega de premios en breve e o curso que vén, máis concurso.
No recuncho da biblioteca tedes a lista definitiva de puntuacións. Un bo remate de curso para todos!