viernes, 19 de octubre de 2012

O NOSO FÍO CONDUTOR: O MAR






  
O mar do peixe, do lecer, dos solpores



"¡Que inapropiado chamar Terra este planeta, cando é evidente que debería chamarse Océano!"Arthur Clarke


O mar dos naufraxios, das traxedias, dos afogados,





Xeneroso e cruel, doce e salvaxe, o mar está tan presente na vida dos galegos que non se podería atopar un tema máis axeitado para pormos a andar este curso a nosa biblioteca.O mar dos naufraxios, das traxedias, dos afogados,  mais tamén o mar do peixe, do lecer, dos solpores. Materia de estudo de biólogos, físicos ou enxeñeiros, inspiración de artistas e artesáns, o mar ten acollemento nas nosas aulas e as nosas disciplinas como fío condutor de leccións, exposicións e concursos. Mergúllate nesta aventura e achégate á Biblioteca para partillar as actividades, desde a conmemoración do afundimento do "Prestige" ata o ciclo de cinema con temas mariñeiros. Con certeza, acharás a maneira de colaborar ou desfrutar as propostas.

Agardámoste!




viernes, 12 de octubre de 2012

Outonía


Piratas
                                                                                      Gallara 2012
en procesión pendurados proclaman
que non existe a morte que non pode
existir 
mentres á sombra do teu corpo nace
a tea da outonía
e ouriolos que din coñecer
o futuro
aniñan na árbore que ignora a fin das cousas.
 
                  Xosé Carlos Caneiro
                         Camiños de amor e lúa
               

lunes, 24 de septiembre de 2012

domingo, 2 de septiembre de 2012

Non ao bullying

Estamos a principio de curso, e a pesar da nostalxia do verán e os chistes acerca de que nunca é hora de comezar as clases; o certo, é que sempre facémolo cheos de ilusión e bos propósitos. Este curso imos ser máis ordeados, imos traballar máis todos os días. Incorporemos esta mensaxe aos nosos propósitos.

 



lunes, 13 de agosto de 2012

Joe Kubert

O lexendario debuxante de comics e autor de novelas gráficas Joe Kubert finou hoxe. Tiña 85 anos. Estamos moi agradecidos polo seu magnífico legado. R.I.P.



cortesía de cultura inquieta

miércoles, 25 de julio de 2012

As bibliotecas municipais buscan voluntarios para Viñetas do Atlático

Se vos apetece participar nas festas de Maria Pita e vos gustan os comics, seguide o seguinte enlace.

As bibliotecas municipais buscan voluntarios

As bibliotecas municipais buscan voluntarios para a consolidadísima e importante mostra  que en agosto en A Coruña dedícase á banda deseñada. Moita xente de toda España achégase a esta mostra.

miércoles, 18 de julio de 2012

Titulación Interesante

Unha boa amiga mandoume este enlace dun Grado en creación musical na Universidade Europea de Madrid. O plan de estudos ten unha pinta estupenda e o perfil do alunmno non pon o acento nos estudos previos, por se a alguén lle parece interesante.

 Grado en Creación Musical

Feliz verán.