viernes, 12 de octubre de 2012

Outonía


Piratas
                                                                                      Gallara 2012
en procesión pendurados proclaman
que non existe a morte que non pode
existir 
mentres á sombra do teu corpo nace
a tea da outonía
e ouriolos que din coñecer
o futuro
aniñan na árbore que ignora a fin das cousas.
 
                  Xosé Carlos Caneiro
                         Camiños de amor e lúa
               

lunes, 24 de septiembre de 2012

domingo, 2 de septiembre de 2012

Non ao bullying

Estamos a principio de curso, e a pesar da nostalxia do verán e os chistes acerca de que nunca é hora de comezar as clases; o certo, é que sempre facémolo cheos de ilusión e bos propósitos. Este curso imos ser máis ordeados, imos traballar máis todos os días. Incorporemos esta mensaxe aos nosos propósitos.

 



lunes, 13 de agosto de 2012

Joe Kubert

O lexendario debuxante de comics e autor de novelas gráficas Joe Kubert finou hoxe. Tiña 85 anos. Estamos moi agradecidos polo seu magnífico legado. R.I.P.



cortesía de cultura inquieta

miércoles, 25 de julio de 2012

As bibliotecas municipais buscan voluntarios para Viñetas do Atlático

Se vos apetece participar nas festas de Maria Pita e vos gustan os comics, seguide o seguinte enlace.

As bibliotecas municipais buscan voluntarios

As bibliotecas municipais buscan voluntarios para a consolidadísima e importante mostra  que en agosto en A Coruña dedícase á banda deseñada. Moita xente de toda España achégase a esta mostra.

miércoles, 18 de julio de 2012

Titulación Interesante

Unha boa amiga mandoume este enlace dun Grado en creación musical na Universidade Europea de Madrid. O plan de estudos ten unha pinta estupenda e o perfil do alunmno non pon o acento nos estudos previos, por se a alguén lle parece interesante.

 Grado en Creación Musical

Feliz verán.

martes, 19 de junio de 2012

Ti tamén podes ser poeta: os haikus



O haiku é un subxénero da lírica xaponesa que os autores de principios do século XX puxeron de modo. Son micropoemas formados por 3 versos de medida 5/7/5, como os bordóns das seguidillas, só que estes non precisan ningún tipo de rima. Os haikus canónicos son apuntes que reflexan observacións dalgún detalle significativo da natureza que chama a atención porque algún motivo, especialmente a presencia de contrastes. Por iso baséase nunha linguaxe sinxela e esencial: verbos en presente (ou ausencia deles) sustantivos, escasez de adxectivos; algunha imaxe, algunha repetición, algunha antítese. E pouco mais. Imaxinación e emotividade están moi contidas. Por iso é bastante fácil saírse destas regras. Pero non importa. O caso é ter un pequeno pulo para poñer en marcha o mecanismo creativo que todos levamos dentro, ás veces case intacto desde a infancia ou mesmo sen estrear.  E se pode dar pé á colaboración de todos, moito mellor. 



Esta é a creación colectiva de 4º da ESA, despois dunha sesión de proba. Aínda que se trataba de conectar coa exposición de Pepe Galán, a través de palabras como auga, ferro, fume, mar, vida, verso,a cada quen sempre lle pode o que leva dentro e debemos recoñecer que a alma colectiva deste 4º da ESA é mais ben romántica e por ese lado desborda as regras. Somos así, que lle imos facer...!

Haikus da natureza




O mar que brilla
baixo o ceo estrelado
de longas noites. 

 O fume negro
estende a súa esteira
durante o día.
                                              
    Os mares azuis
esténdense cruentos
coas súas

Ferro e cristal
xa na mar non se ven.
Lonxe quedaron.


Azul o mar
brilla sobre a area
no claro día.

 As chemineas
contra o ceo azul
botaban fume. 

Pozo de ferro,
esquecido na historia,
escuro e frío.


 Son verdes bosques,
e azuis mares vivos.
Desertos, nada.
                                              
 Triste choraba
o arume do monte
de non ver auga.

                                           

Nesta mañá
quente de primavera
pousan os páxaros.

                                             
 Olor a verán
e morriña no aire…
tarda en chegar!

                                            
 Fume voando
coma un inmenso corvo.
Sempre mais.



  Auga berrando
e axitando cadeas.
Quer liberdade.

    
  Haikus da alma
              
Loucura lenta,
que remate contigo,
contigo empece.

                                 

 A vida soa
fica neste momento
para ser eterna.
                                           

    A vida mírame
na beira do camiño
volver sen ti.

                                             

  A vida sen ti
non a podo vivir…
Mátame xa!

                                                          
 A vida miña
non vai seguir sen ti,
é só un lamento.

                                                                     
  Tremer de medo
neste día escuro
mirando nada.

                                                         
  Versos escuros
tales como os teus ollos:
a mar de noite.

                                           

Verso non escrito,
mais tantas veces lido
sempre na alma.

                               

As pedras falsas
que están botando ao mar.
Desexos rotos

                                
    O mellor verso,
entre a risa e a rabia
fica atrapado.

                                                    
 O mar verdoso
faise azul nos teus ollos,
e ás veces gris.

                                            
   A túa vida,
coa miña, coa deles,
é a nosa vida