 |
Anónimo presidente |
Da
nosa correspondente en 1º C da ESO, Laura Villamisar)
Este
ano unha abraiante noticia deixou xeada a poboación galega.
No
telexornal anunciaron que se acababan de atopar as caliveras dalgúns
famosos piratas, reunidas nun dos máis antigos institutos da
cidade da Coruña. Non trancendeu á prensa o motivo de tal reunión
aínda que se barralla a posibilidade de que nela se tratasen as
novas artes da piratería.
Para
sorpresa de todos, ante a presenza dos periodistas, puxéronse a
falar como se de vivos se tratase, e aproveitando tal feito
fixenlles unha pequena entrevista a aqueles menos fuxidíos.
 |
Barbavermella |
-Bos
días señor Barbavermella, como está vostede?
-Ben,
despois de tantos anos enterrado vendo a luz do sol de novo, síntome
moito mellor.
-Xa,
compréndoo. Se non lle importa, gustaríame facerlle unhas preguntas
sobre a súa vida de pirata.
-Vale,
paréceme ben. Despois de todo, iso é o que en vida fun: un pirata.
-Iso
de ser pirata era un traballo difícil ou doado?
-Dependendo
do barco que abordaramos e de quén fose o seu capitán, a cousa
podía ser máis ou menos complicada…
-Xa,
e dígame, cal foi o tesouro máis grande que conseguiu?
-Oh! Atopei
moitos tesouros, pero houbo un que me chamou moito a atención e
aínda teño un vivo recordo do acontecido. Lembro que era unha mañá
calurosa, a máis calurosa daquel ano. Acabaramos de abordar un barco
perto das illas Baleares e estabamos cavando para atopar o tesouro na
illa marcada . Xa desesperados porque non o dabamos atopado de
súpeto sentín que algo duro tocaba a miña pa, era un...
-Un
qué?
-Non
me acordo, quedoume a mente en branco.
-Ben,
señor non me deixe así…vou estar por aquí. Se se acorda, dígamo.
Non me estrague o artigo que me debo aos meus lectores.
 |
Benito Soto |
-Vale.
Chao.
Así
me deixou, coa palabra na boca e a intriga na cabeza. Aproveitei para
falar con outros piratas, pero non crean que puiden conseguir moito
máis.
-
Don Benito Soto. Pirata galego de renome. Sentirase vostede orgulloso
de representar a pirateria galega?
-Si,
estou moi orgulloso
-Vostede
tamén atopou tesouros moi valiosos, non é?
-Claro,
por suposto. Eu atopei estoxos cheos de ouro e mesmo coroas de
diamantes.
-WAU!!
-E
iso non é nada. Outros piratas atoparon restos de barcos que se
afundiaran antes da nosa existencia e iso vale moito máis ca todo o
meu..
E
isto é todo o que lles podemos contar de tan sinistra reunión
porque todos saíron correndo. Case non tiven tempo de lles dar as
grazas e desexarlles que non os volvesen enterrar. Penso que a broma
non lles gustou moito.
Fontes non de todo ben informadas comentaron
que se dirixían a un oculto magosto na praza de María Pita con quen
querían recordar vellos tempos.
 |
As únicas piratas asistentes |